A celebración das LETRAS GALEGAS do ano que acaba de alborexar, conmemorou a figura e a obra da escritora, xornalista e activista BEGOÑA CAAMAÑO. Por iso, en Espiñeira decidimos adicarlle un día a esta muller curiosa, rebelde e vivaz.
Comezamos a xornada con dous pases dunha obra de teatro, da man da compañía SURICATA TEATRO sobre a vida da autora homenaxeada.
- Un para E.I. 1º e 2º de E.P.
- E outro para 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º de E.P.
A continuación, xuntámonos todo o colexio na sala de psicomotricidade para levar a cabo un PROGRAMA DE RADIO en directo, no que entrevistamos a figuras como BEGOÑA CAAMAÑO e BERNARDINO GRAÑA
Por ultimo, como a Begoña lle gustaba moito a música decidimos crearlle un cancioneiro con "cancións de sempre" que ao mesmo tempo estiveran relacionadas co noso PDI:
"DO MAR NACE O AZUL DA VIDA"
E.I:: "EU `PLANTEI A CANA VERDE"
1º E.P.: "GHAVOTA, GHAVOTA"
2º E.P.: "NA BEIRA DO MAR"
3º E.P.: "A RIENXEIRA"
4º E.P.: "CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
5º E.P.: "OS DE MARÍN (Polo mar abaixo)"
6º E.P.: "RODABALLO"
E por último, cantamos e bailamos a xota de UXÍA E MALVELA, titulada "BEGOÑÍSIMA" traballada por todo o centro.
UN SAÚDO E...
ATA PRÓXIMA VIAXEIR@S










No hay comentarios:
Publicar un comentario