Este curso o alumnado de infantil embarcouse nun proxecto literario moi apetecible. Así, unha vez ó mes e no tempo dos obradoiros interniveis (grupos mixtos de 3, 4 e 5 anos) realizaron receitas inspirándose na narrativa infantil en galego e empregaron a biblioteca como principal fonte de información.
Cada proposta didáctica foi baseada nun determinado conto:
1.- COCORICO DE MARISA NÚÑEZ
Gozamos realizando o xa famoso biscoito que Mamá Galiña non quería para Gato Pelado.
Realizamos actividades relacionadas co conto:
2.- CORRE CORRE CABACIÑA DE EVA MEJUTO.
En tempo de outono que mellor que empregar unhas boas cabazas para a repostería. De aquí saíron donuts deliciosos, valorándoo así, a cativada e mestras e mestres que tiveron a sorte de catalos.
Inspirándonos no conto creamos as seguintes artistadas:
3.- SOÑO DE NEVE DE ERIC CARLE
Trala lectura xurdiu a gran idea de realizar galletas de manteiga e améndoas con formas representativas desta época do ano.
Convertémonos en ilustradoras e ilustradores e recreamos ao protagonista da historia:
4.- CHOCOLATA DE MARISA NÚÑEZ
Moito nos encantan as aventuras da hipopótama Chocolata pero aínda máis, realizar actividades con chocolate facendo alusión así ao seu nome.
Realizamos unha "fondue" de chocolate con froitas e a través das imaxes podedes valorar o resultado:
Creamos unha obra de arte onde o ingrediente sorpresa foi o cacao:
5.- ORELLAS DE BOLBORETA DE LUISA AGUILAR
Encántanos Mara e todas as súas cualidades, en especial, as súas orellas. Por iso quixemos facerlle unha homenaxe coincidindo coa festividade de entroido: cociñamos orellas abundantes para compartir!
Na parte artística - plástica, intentamos recrear a Mara tal e como a percibimos. Velaquí algúns exemplos:
6. UNHA ROSQUILLA NO PARQUE. UN CONTO DE PABLO RUMOROSO ILUSTRADO POR SARA MATEO
Previamente á realización das rosquillas escribimos os ingredientes e convertímonos en ilustradoras e ilustradores debuxando aos principais protagonistas do conto.
Coa receita escrita, puxemos o mandilón, collimos os ingredientes e os utensilios necesarios e comezamos a amasar. Logo, tocou darlle forma de rosquilla, o cal, resultou moi fácil para estes pequenos reposteiros. Así, fixeron unha boliña e cun dedo, realizaron o burato no medio que tanto as caracteriza.
E ata aquí o noso recetario de momento..., xa que continuaremos co noso labor como chefs á volta das vacacións. Así que isto non é unha despedida, é un continuará...
Ata pronto! 💛
No hay comentarios:
Publicar un comentario