27.9.24

BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALDÁN

Como vén sendo habitual, en cada curso escolar non pode faltar a nosa visita á biblioteca pública de Aldán, a cal acudimos andando xa que se atopa a 15 minutiños da nosa escola. Durante a andaina sempre xorden momentos máxicos e anecdóticos: encontro con familias, avistamento de cabalos, lugares con encanto...

A visita á biblioteca sempre é de agrado para o noso alumnado e, boa parte do entusiasmo xerado é debido á bibliotecaria Isa, a cal, sempre nos recibe con entusiasmo e ilusión.



Tivemos tempo para facer carnés de usuario para aquelas nenas e aqueles nenos que non o tiñan, para realizar o empréstito de libros e para gozar dunha sesión de contacontos.

A estancia nas dependencias aproveitámola para inicial o proxecto documental integrado que dende a biblio impulsamos sobre a intelixencia artesanal, cuxo título e logo final resolverase na conmemoración do Día das Biblliotecas, o vindeiro 24 de outubro do 2024. Así, recompilamos bibliografía sobre a vendima, que será o primeiro proxecto que levará a cabo o alumnado de infantil en consonancia co PDI da escola.

Por último, tivemos tempo de ir desfrutar do parque de Aldán, atopado xusto enfronte da biblioteca da parroquia.





E ata aquí chegou a nosa aventura explorando os recursos e recunchos da nosa contorna! 
💚
Xa estamos un pouco máis preparadas e preparados para iniciar o noso proxecto sobre un dos oficios artesanais típicos da zona e desta época do ano como é a vendima

Ata pronto miñas lectoras e lectores!
Espiñeiriña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario