Ola cineastas!
Pásome por aquí porque estou moi contenta e orgullosa dos fermosos vídeos que fixeron as nenas e os nenos de Espiñeira!
Si, xa sei, antes de nada teño que contarvos en que consistía a proposta enmarcada no noso proxecto anual do Cine! Pois neste concurso había que rodar un pequeno vídeo (un Micro-cine) relacionado co nadal que tivera unha duración máxima dun minuto. O obxectivo deste era amosar calquera sentimento relacionado con estas datas.
Despois de reunirnos todo o Equipo de Biblioteca e debater, decidimos, coa dificultade que nos supuxo, que o vídeo gañador dun grande Óscar da escola era o de Mariña de 1º de Educación Primaria e o seu irmán Amaro de 3º de Educación Primaria. A nosa noraboa!
Ademais, tamén seleccionamos os mellores vídeos de cada curso que foron premiados cun pequeno Óscar. O resultado foi este:
- 4º de Educación Infantil: Olivia
- 5º de Educación Infantil: Unai
- 6º de Educación Infantil: Lara
- 1º de Educación Primaria: Mariña
- 2º de Educación Primaria: Aluhe
- 3 º de Educación Primaria: Loaira
- 4º de Educación Primaria: Matilde
- 5º de Educación Primaria: Vera
- 6º de Educación Primaria: Carla
Porén, o alumnado que participou tamén foi agasallado cun trofeo de estrelas, porque toda a comunidade educativa de Espiñeira brila!
Deseguido podedes ver unhas fotiños coa entrega de premios:
Noraboa cativada, Noraboa familias! Noraboa Espiñeira!
Deséxovos moito felicidade no próximo ano!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario