Un ano máis celebramos na nosa escola a festa dos Maios, esta conmemoración primaveral na que en Aldán escollemos os Maios humanos para festexalo.
A rapazada disfrázase, adórnase con flores, follas ou pólas e coroas de flores, grazas ás nosas familias que ese día veñen cargadas con xestas, pampullos e moito máis.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos, agardamos vos guste!!!
Ademais, para culminar este día de festa o alumnado de 6º de Primaria foi á casa do Ghaiteiriño para cantarlle "O maio de Espiñeira", co fin de devolverlle un pouquiño de tanto agarimo que sempre nos ten amosado acompañándonos nas festividades dos Maios, no noso Entroido...
No hay comentarios:
Publicar un comentario