26.10.21

COMEZAMOS!

O venres 22 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas e, por suposto, todo o alumnado do CEIPP Espiñeira estivo presente. A celebración realizouse por quendas e cada grupo-clase visitou a biblioteca tendo en conta o horario asignado. Polo que todos e todas puideron gozar dos diferentes espazos e recursos dos que dispón e vivenciaron o inicio das actividades na nosa biblioteca.

A continuación compartimos imaxes do evento.

- Presentación: 



- Entrega dos carnés ás novas e novos usuarios:






- Mochilas viaxeiras:


Ademais, queríamos compartir algunhas das novidades das que xa podemos gozar:

E esta semana xa iniciamos o ansiado préstamo de libros!

DESFRUTÁDEOS! 😃

Por certo, neste día tamén demos a coñecer o TÍTULO E LEMA gañador para o noso proxecto de patios:

AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA

ENCÁNTANOS!!! 😍


Un saúdo.

Espiñeriña e o seu equipo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario