"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de Biblioteca"
Jorge Luis Borges (escritor arxentino).
Jorge Luis Borges (escritor arxentino).
Empeza un novo curso no Ceip Espiñeira-Aldán, dende a biblioteca queremos dar a benvida a todos os alumnos, pais e comunidade educativa. Este ano queremos facer da biblioteca un lugar apacible para todos, un lugar onde deixemos correr a imaxinación, un lugar onde descubrir novos libros, rescatar clásicos en definitiva, un lugar onde desfrutar da lectura.
Actividades de sempre, novedades e demáis cousas que se irán facendo, farán deste lugar un paraiso para perderse.
Non deixedes de visitar o noso blogue O cantil das palabras, para estar o día das actividades e en contacto con todo este maravilloso mundo da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario