A Asociación Juan XXIII de Cangas retou ao noso cole a que lle narremos un dos nosos contos favoritos..., e por suposto, nós participamos nesa iniciativa tan bonita. Dende o cole, derivamos este reto ó alumnado de 1º e 2º de Primaria xa que están a mergullarse semana tras semana no traballo e investigación dun conto diferente. Moitos dos rapaces e rapazas aceptaron o reto sen pensalo e velaquí os tedes:
Dende a biblioteca e EDLG, queremos dar as grazas a Asociación Juan XXIII, tanto por contar con nós nesta proposta, como polo estupendo traballo que día a día realizan a nivel de formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.
Aproveitamos para compartir con vós algunhas recomendacións lectoras que abordan dunha maneira xenial a atención á diversidade e a inclusión:
Todas estas lecturas atópanse dentro do catálogo da nosa biblioteca.
Quería compartir con vós o resultado da proposta que dende o cole enviamos ás familias para celebrar de maneira "conxunta" o Día e Mes das Letras Galegas. Entre os obxectivos da proposta, cabe destacar a misión de recordar aquelas palabras que habitualmente empregamos en galego de forma incorrecta ensinando, pola contra, a maneira axeitada de dicila. #DígochoEu
A continuación, amosámosvos a nosa propia versión da campaña da CRTVG chamada #DígochoEu.
Graciñas pola vosa colaboración familias!
Ademais, dende a biblioteca queremos informar que aínda permanecemos pechados e, polo tanto, non podemos facer actividades dentro da mesma nin habilitar o servizo de préstamo e devolución de libros. Non obstante, este último servizo si que xa está dispoñible nas bibliotecas públicas do Concello de Cangas.
Compártovos información de interese en canto horarios, servizos e contactos:
Hoxe, 17 de maio do 2020, celebramos o día das Letras Galegas nunhas circunstancias totalmente inesperadas. Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero e por iso queremos compartir novos recursos que nos permitan coñecer máis acerca deste traballador incansable, a pesar das circunstancias, profesor, escritor de destacadas obras en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro, ensaio...
Un dos seus libros máis coñecidos e dirixido a un público infantil é "As pitas baixo a choiva". Un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. A continuación, compartimos actividades e xogos interactivos que esperamos sexan do voso agrado:
Dende a páxina web de Aulas Galegas seguen a compartir moitos recursos xeniais dirixido tanto a nenos e nenas como ás familias: Aulas Galegas - Ricardo Carvalho Calero.
Nós fixemos unha selección de dúas actividades interactivas que nos pareceron ideais de cara a coñecer máis sobre a figura deste autor dunha forma entretida e lúdica. A primeira ligazón está máis dirixida a alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda a alumnado de Educación Primaria:
Ademais, queremos compartir con vós dous vídeos musicais, sen dúbida, excelentes para festexar este día!
Uxía e Tanxugueiras - A FALA
Para aqueles e aquelas que gocen da poesía, compartimos un videopoema moi bonito relacionado coa nosa lingua:
En relación coas Letras Galegas, dende a escola queremos facer a nosa particular adaptación da campaña #DígochoEu. Consideramos que é unha iniciativa xenial que está a promocionar CRTVG. Manterémosvos informados...
Por último, que mellor forma de despedirse que con humor! Por iso vos deixamos cunhas viñetas de DAVILA referidas ás Letras Galegas.
Achégase o día en que cada curso celebramos as Letras Galegas e, como ben sabedes, este ano dedícanse a Ricardo Carvalho Calero. Dadas as circunstancias actuais, é imposible celebrar este día todos e todas xuntas na escola e poder gozar do material impreso que tanto a Biblioteca como dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega poderíamos ofrecer.
Non obstante, sempre nos quedan os recursos dixitais, polo que a continuación compartiremos unha selección dos atopados na rede e que consideramos mellor para vós.
1.- REAL ACADEMIA GALEGA
Na páxina da Real Academia Galega (RAG) podemos atopar materiais de
diversa índole relacionados todos coa nosa lingua. Tamén nos recordan por que
cada 17 de maio, celebramos que temos unha lingua e unha literatura
propia: porque a través dela, "rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro".
Se premedes AQUÍ
poderedes acceder nesa páxina a un documento descargable que vos
explica de forma moi sinxela e ilustrada a historia da nosa lingua.
Ademais, integra apartados de curiosidades e actividades.
Na
mesma páxina tamén tedes a posibilidade de acceder a todo tipo de
material (descargable, interactivo, en rede...) que a RAG ofrece.
2.- SEMINARIOGALAN.ORG
Nesta páxina, SEMINARIO GALÁN, atoparedes todo tipo de información sobre Ricardo Carvalho Calero, así como actividades LIM adaptadas ás diferentes idades (de 3 a 12 anos). Premede AQUÍ para acceder as actividades.
3.- PREGUNTOIRO MUSICAL
Compartimos este "preguntoiro musical", o cal nos pareceu do máis interesante e divertido para indagar e coñecer moitos aspectos da vida e obra do autor.
4.- AULAS GALEGAS
Na páxina das aulas galegas actualizan cada día actividades en galego destinadas a nenos e nenas de diferentes idades. Como xa dixemos na entrada titulada A BIBLIOTECA EN TEMPOS DE CORENTENA, hai moitas actividades de dinamización á lectura en galego, conta-contos, actividades a partir dun libro, propostas didácticas manipulativas... pero neste caso, queremos destacar os recursos que comparten sobre Ricardo Carvalho Calero. Recoméndannos a visualización deste vídeo realizado polo alumnado de 5º de Educación Primaria do Colexio San Pío X:
Son Espiñeiriña. Supoño que xa saberedes que eu sigo tamén de cuarentena na miña casa, a biblioteca, e non sei nada de vós, polo que me alegro moito de que aceptárades a miña proposta de ensinarme o voso libro preferido. En consecuencia, tereinos moi en conta como recomendacións lectoras e prestarei atención a aqueles que non teñamos aínda na nosa biblio de cara a valorar a súa adquisición, co fin de que outros nenos e nenas poidan desfrutar desas lecturas que tanto vos gustan.
Velaquí vos deixo a video-montaxe titulada: O MEU LIBRO FAVORITO!
Como me gusta ver que desfrutades lendo e compartindo cos demais as vosas lecturas favoritas! Sodes xeniais!
Tamén quero compartir con vós unha sesión moi especial de contacontos:
Anímovos a que lle deades a "gústame 👍" en Youtube, se queredes que compartan con nós contacontos tan estupendos coma este! 😀
Graciñas familia por colaborar con nós!
Dá gusto formar parte dunha comunidade educativa tan entregada.
Dende a biblioteca do CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán queriamos compartir e informar de algúns recursos literarios que tendes á vosa disposición a través da rede, xa que é inviable outro tipo de comunicación dadas as circunstancias actuais.
A Xunta de Galicia abriu ó público o seu catálogo dixital con máis de 4.500 obras, e a través da plataforma Galicia Le, podedes acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Para acceder a estes contidos é necesario que vos rexistredes (se non o estades xa), cubrindo os vosos datos persoais AQUÍ
Ademais, hai moitas editoriais que están realizando propostas interesantes de animación á lectura así como de outra índole, destinadas a un público infantil e xuvenil.
Queremos compartir con vós algunhas delas como a de Kalandraka TV, que ofrece contacontos en galego e castelán, así como cancións, entrevistas con autores e autoras, recomendacións lectoras e moitas cousas máis que podedes consultar premendo na seguinte ligazón: Kalandraka TV galego
A editorial OQO tamén ofrece sesións diarias de contacontos para os máis peques, a través das sesións de CONTOS EN PIXAMA que podedes gozar visualizando os vídeos que colgan en Youtube. Compartimos a primeira das súas sesións, onde realizan unha introdución dirixida á rapazada, explicando o porqué da posta en marcha desta iniciativa:
"A sopa queima" de Pablo Albo e André Letria.
O colectivo NOGA (Narración Oral Galega) ofrece a súa particular "PANDEMIA DE CONTOS" a través das súas contas de Facebook e Instagram. Tódolos días están compartindo contos infantís, familiares ou para adultos.
Ademais, deixámosvos o acceso a unha páxina web educativa que actualiza cada día actividades que poden ser de: animación á lectura, escritura, audiovisuais, etc; e integra propostas para tódolos niveis educativos, e en referencia aos que abarca a nosa escola, dende 4º de E.I. (3 anos) a 6º de E.P.: https://aulasgalegas.org/
Para os lectores autónomos e afeccionados existe un recurso de contos curtos que pode ser do seu agrado: http://www.cuentoscortos.com/
Antes de despedirnos, queremos compartir unha listaxe de obras infantil e xuvenil dispoñibles para a lectura. Unha vez dentro do enlace que imos facilitar a continuación, premede no título da obra que vos interese e unha vez alí, poderedes acceder á biografía do autor ou autora e a obra calcando na casilla azul que pon Texto.
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz na Espiñeira, onde a aportación da Biblioteca e de EDLG tivo especial relevancia. Así, empregáronse dous materiais necesarios para traballar a paz sen esquecernos da liña marcada dende o proxecto de centro, este curso, ligado co medio ambiente.
Por unha banda, o libro+CD "O veleiro verde" de María Fumaça:
- Previo á escenificación da canción "O veleiro verde":
- Traballo nas aulas:
Por outra banda, o libro de "Wangari y los árboles de la paz".
- Realización dun mural con dúas árbores formada por follas cheas de compromisos pola paz e o coidado do planeta. Na súa realización colaboraron familias e profesorado do cole.
- Exposicións dos nenos e nenas do contexto lingüístico aos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria:
Para máis información déixovos o enlace ó blogue do contexto científico:
Ademais, houbo tempo para organizar sesións de curtas pola paz destinadas a distintos niveis educativos:
Rematamos o día cantando en prol da paz e da non violencia. Interpretamos o tema "O veleiro verde" e a canción "Love song to the Earth" no salón de actos.
Déixovos cunha cita de Wangari Maathai que di así:
"Creo que a natureza une ás culturas do mundo. Unha árbore ten raíces no chan e ramas que rozan o ceo, e recórdanos que para prosperar temos que saber de onde vimos".