22.3.17
SEMANA DA POESÍA CON ROSALÍA
A semana pasada estivemos a realizar na biblioteca un taller de caligramas con poesías de Rosalía de Castro. Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º aprenderon que hai diferentes formas de facer poesía. Mentres os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º compuxeron "Rap" inspirados na nosa xenial autora á que dedicamos o Día da Poesía neste curso.
14.3.17
BLOG CONXUNTO DA BIBLIO E EDLG
Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir do mes de febreiro deste curso, xuntar nun só BLOG os de BIBLIOTECA e EDLG. Por iso as novas entradas destes dous equipos, que estamos traballando conxuntamente, poderedes atopalas sempre aquí.
Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon "BLOG EDLG"
Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon "BLOG EDLG"
9.3.17
DÍA DA MULLER
Durante a semana do día 8 de marzo e para conmemorar o Día da Muller, desde a biblioteca propuxemos ás titorías a elaboración dunha pequena investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes campos. Despois de escoller e elaborar as biografías de todas elas montamos un libro que xa está listo para ser lido na nosa biblioteca.
30.1.17
SEMANA DA PAZ
Esta semana no cole vimos desenvolvendo unha serie de actividades arredor da temática da paz: murais, mensaxes secretas, consignas. Desde a biblioteca contribuímos con esta selección de lecturas que agardan ser lidas por vós.
Tamén queremos recordar a figura da escritora Gloria Fuertes que compuso moitas das súas obras coa temática da paz. Este ano conmemórase o centenario do seu nacemento e dende a biblio pensamos que non hai mellor homenaxe para un artista das palabras que facelo a través delas.
10 Poemas para a paz de Gloria Fuertes
E coma as mellores celebracións sempre van acompañadas de música. Ide aprendéndoa!!!

17.12.16
POSTAIS DE NADAL
O venres día 16 tivemos na biblioteca un taller de postais de Nadal, despois de traballar nas titorías co material preparado para realizar o texto.
Gozamos moito da actividade e os resultados foron estupendos, hai unha chea de artistas entre nós. As postais xa están expostas esperando a que un xurado experimentado elixa as gañadoras entre as dúas categorías, Ufff! Que nervios!

16.12.16
VISITA DO APALPADOR
O día 15 de decembro por fin veu o Apalpador a visitarnos, cunha chea de historias das montañas do Caurel dentro da súa maleta. Tivemos para el un agasallo en forma de cantiga que lle encantou e non dubidou en facerse fotos co noso Apalpador xigante. Que ben nolo pasamos!
14.12.16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)