1.5.21

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso eliximos celebrar o DÍA DO LIBRO aproveitándonos da fermosa contorna que ten a nosa escola.

A actividade que levamos a cabo no centro levou por título: CITA A CEGAS CUN LIBRO. Trátase dunha proposta motivadora que ten o propósito de dar a coñecer aqueles libros, contos, cómics, poemarios..., que asemellan esquecidos na biblioteca e que tamén merecen unha oportunidade.

Primeiramente, as clases recibiron unha carta que a mascota do cole lles escribiu. Nela estaba a actividade explicada xunto cun xogo de pistas que os levaría á zona da contorna do cole, onde lles esperaban libros envoltos en papel reutilizable e reciclable, cunha mensaxe motivadora e cuns destinatarios.





- BUSCANDO:



- DESEMPAQUETANDO:




- CITA CO LIBRO: 



















Como as crianzas de E.I. aínda non son autónomas na lectura de textos, precisamos a colaboración de axudantes especiais que lles narraron os contos despois da realización e da resolución do xogo de pistas.













Ademais, quixemos contar coas familias para poder realizar unha videomontaxe do máis divertida onde as personaxes das obras literarias son interpretadas por caras moi coñecidas na Espiñeira.

Por último, queremos compartir algunhas das mensaxes motivadoras que contiñan os libros:

"Ler ábrenos a ventá ao mundo"

"Se queres aventura lánzate á lectura!"

"Ler é soñar cos ollos abertos"

Un saúdo e moitas grazas ós nenos e nenas da Espiñeira e ás familias pola colaboración!!!

5.2.21

DÍA DA PAZ 2021

O día 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz na Espiñeira. Durante toda a semana o alumnado do cole estivo inmerso na preparación de actividades que verían a luz este día.

Tomando como referencia o poemario "Nós outras", de Marica Campo e Menchu Lamas, os diferentes cursos de Educación Infantil e Primaria repartíronse as obras poéticas a partir das cales abordaron os valores da paz e, máis en profundidade, o da igualdade e diversidade. Cada grupo-clase preparou o recitado dun poema e crearon as ilustracións deixando fluír os seus sentimentos cara o mesmo.

Velaquí o resultado final que visionamos en todas as aulas este día:


Ademais, dende a especialidade de inglés, prepararon a escenificación dunha canción pola PAZ titulada "Teaching Peace"...

- Canción:


- Baile:


O alumnado implicouse na elaboración dun mural baseándose na obra do artista Romero Britto:

Por último, expuxemos unha selección de fondos bibliográficos que tratan o tema da paz e que foron empregados polo profesorado nas súas respectivas clases.

Un saúdo,

Espiñeiriña.


25.1.21

CARTILLAS DE NAVEGACIÓN

 Co inicio do segundo trimestre, arrancamos coas renovadas cartillas de navegación!

O alumnado acolleu con entusiasmo esta iniciativa e está disposto a asumir o reto: ler aquelas obras consideradas como imprescindibles para cada nivel de Educación Primaria.





Cada alumna/o posúe xa unha cartilla e un "nivel" no rol de navegación que vai dende grumete ata oficial de primeira (a capitana é a nosa mascota Espiñeiriña).

Cada cartilla contén unha serie de libros de temáticas variadas que deberán ler para completala. Por cada libro que lean recibirán un cromo (portada do libro en cor) da man da titora, o cal, pegarán na casilla indicada. Ademais, dentro de cada cartilla figura un espazo para que cada rapaz e rapaza recomende libros que considere que deben formar parte da mesma. Só cando un alumno e alumna a remate, ascenderá e recibirá un diploma acreditativo que o capacitará para ascender no rol de navegación.

Gracias por recibilas con tanto entusiasmo e animámosvos a seguir desfrutando do mundo maravilloso que ofrece a lectura.


Un cordial saúdo,

 a vosa capitana, Espiñeiriña.


 




12.12.20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E MUSICAIS EN GALEGO

Como ben sabedes, cada ano o equipo de EDLG de O Morrazo elabora unhas guías de lectura e música coas últimas novidades e reedicións en galego.


Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as recomendacións atendendo ás distintas idades.

- INFANTIL:

 

- PRIMARIA:

 

Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.


Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego.

Pasade unhas boas festas e deica pronto.

Espiñeiriña.



10.12.20

25N: UNIDAS POLA IGUALDADE

Durante a semana do 25n, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no cole fixemos moitas actividades en prol da igualdade entre homes e mulleres. Nas propostas didácticas participaron tanto as crianzas de educación infantil como o alumnado de primaria. Velaquí compartimos un vídeo no que queda reflectido todo o noso traballo:


Ademais, realizamos unha pequena selección de lecturas relacionadas coa temática e que se empregaron tamén nas clases:


Por unha sociedade libre de violencia machista!

Ata a próxima navegantes.

Un cordial saúdo,
Espiñeiriña