3.5.19

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALDÁN

Acompañados polo bo tempo, esta semana organizamos unha saída á biblioteca de Aldán. A persoa encargada da mesma foi moi amable con todos nós e acolleunos durante varias xornadas lectivas.

A bibliotecaria organizou distintas actividades para o alumnado de diferentes idades e entregoulles un carné da biblioteca pública a todos os rapaces e rapazas que aínda non o tiñan.


O alumnado de infantil puido gozar dun contacontos súper divertido, onde un grupo de cinco nenos e nenas voluntarias, exerceron de protagonistas da historia. O libro narrado foi o de A tartaruga que quería durmir. Tamén desfrutaron dun momento de lectura libre e fixeron debuxos sobre o conto.






Para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria tamén houbo un contacontos e realizaron o empréstito de libros.





O alumnado de 3º e 4º de primaria entretivéronse cun xogo de pistas moi literario que a bibliotecaria lles propuso e tamén tiveron tempo para empregar os recursos que a biblioteca nos ofrece.




Ademais, de camiño á biblioteca os nenos e nenas de infantil atopáronse con estes animaliños..., que ilusión lles fixo!



Moitísimas grazas á bibliotecaria de Aldán por acollernos e tratarnos tan ben!
Deica pronto!!!





24.4.19

DÍA DO LIBRO NA ESPIÑEIRA

Hoxe foi un día especial na Espiñeira porque estabamos de celebración. Así, iniciamos o día do libro con varias propostas de actividades onde participou todo alumnado e profesorado da escola.

Póster realizado para a celebración.

Primeiro comezamos co BINGO LITERARIO, o cal o levamos a cabo por niveis:

O alumnado de 3º a 6º de Primaria foron os primeiros en facelo. O libro narrado foi o de Pioneiras.


- Modelo de cartón:


Seguidamente chegou o turno dos máis peques do cole: o alumnado de infantil! Nesta ocasión contamos coa axuda do alumnado axudante de biblioteca. Elas foron as que nos realizaron a lectura do conto PILÚ-PILÚ. O alumnado estivo ben atento e viviron con emoción o momento de cantar BINGO.






- Modelo de cartón:



Por último, acudiron á cita os de 1º e 2º de Primaria. A lectura correu a cargo da auxiliar de conversa Danielle, xa que o libro elixido foi The very hungry caterpillar.


- Modelo de cartón:


Pero a nosa celebración non acabou aquí. Despois do recreo gozamos dunhas lecturas aproveitando o espazo interior da escola (o tempo non nos permitiu saír o exterior). Dado o interese amosado pola rapazada podemos dicir que o APADRIÑAMENTO LECTOR resultou ser un éxito. Ademais, algúns e algunhas atrevéronse a retratar a lectura en forma de debuxo.




 






Navegantes, espero ter boas novas pronto! Desfrutade moito do pracer da lectura!

Un saúdo,

Espiñeiriña.

10.3.19

PIONEIRAS NAS NOSAS FAMILIAS

Co gallo do 8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, dende o noso centro quixemos homenaxear as nosas pioneiras más cercanas. Aquelas mulleres que por iniciativa, necesidade,... e loitando contra o machismo, sairon das súas casas para realizar un traballo remunerado.
Cada alumna e alumno da nosa escola, trouxo da casa un impreso no que destaca a unha das pioneiras da súa familia e comenta o labor que desempeñou ou que aínda exerce a homenaxeada.

Así de fermoso quedou:








Finalmente, este fermoso traballo recollerase nun libro que permanecerá exposto na bibloteca, moi préto deste outro que nos encanta e nos servíu de inspiración:




Velaquí tamén, o póster realizado para tal ocasión:



Rematamos con esta frase que nos deixou hai máis dun século Rosa Luxemburgo: 

"Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".




8.2.19

PROXECTO EMOCIONARTE: O AMOR

Ola navegantes!

O pasado mes de decembro demos paso ó traballo do amor combinado coas 7 artes. 

Que mellor época para adentrarnos na emoción do amor que en Nadal ou co día da Paz? Os meus axudantes de biblioteca fixeron a súa propia selección de contos:


Ademais, con motivo do día da Paz, tamén expuxeron na estantería situada no andadeiro da entrada, unha serie de libros que tal vez nos poidan servir para entender cal é o camiño necesario para chegar a conseguila:


Mural: "A Paz comeza no corazón!"



Tamén realizamos unha escenificación da canción "A caminho de Viseu". Este tema está dentro dun libro C.D. que podedes atopar na nosa biblioteca!


Antes de despedir esta entrada..., deixámosvos esta frase de Nelson Mandela:

"Derribar e destruír é moi sinxelo. Os heroes e as heroínas son aquelas que constrúen e que traballan pola paz".

Continuamos traballando as diferentes emocións pero agora centrarémonos na TRISTEZA! 


Deica pronto navegantes!

Atentamente,
Espiñeiriña.