Espiñeiriña necesita axuda!!! Ten que localizar uns libros perdidos na nosa biblioteca!!! Pide máxima difusión deste cartel!!
Para que poidas ser de axuda le con atención a seguinte información.
COMO LER O TELLOLO DUN LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA
11.5.17
25.4.17
LECTAURANTE
Este curso ao coincidir o Día do Libro en domingo decidimos facer a nosa celebración o luns 24 de abril cunha actividade para todo o alumnado do cole. Os alumnos/as maiores puideron ler aos/as máis pequenos/as e así gozar xuntos das novidades da nosa biblioteca, nunha "Degustación literaria" digna do mellor "Lectaurante", mirade que ben nolo pasamos.
21.4.17
AGASALLO
Espiñeiriña está moi contenta recibiu un paquete de agasallo de parte do ANPA do noso cole para celebrar o próximo Día do Libro. Moitísimas grazas!
5.4.17
NOVIDADES
Estes días a nosa biblioteca cheira a libros novos e con eles estamos a cocer algo moi interesante. Permanecede atentos!
Non deben estar nada mal estas lecturas! O noso esixente control de calidade demóstravolo.
Non deben estar nada mal estas lecturas! O noso esixente control de calidade demóstravolo.
22.3.17
SEMANA DA POESÍA CON ROSALÍA
A semana pasada estivemos a realizar na biblioteca un taller de caligramas con poesías de Rosalía de Castro. Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º aprenderon que hai diferentes formas de facer poesía. Mentres os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º compuxeron "Rap" inspirados na nosa xenial autora á que dedicamos o Día da Poesía neste curso.
14.3.17
BLOG CONXUNTO DA BIBLIO E EDLG
Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir do mes de febreiro deste curso, xuntar nun só BLOG os de BIBLIOTECA e EDLG. Por iso as novas entradas destes dous equipos, que estamos traballando conxuntamente, poderedes atopalas sempre aquí.
Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon "BLOG EDLG"
Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon "BLOG EDLG"
9.3.17
DÍA DA MULLER
Durante a semana do día 8 de marzo e para conmemorar o Día da Muller, desde a biblioteca propuxemos ás titorías a elaboración dunha pequena investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes campos. Despois de escoller e elaborar as biografías de todas elas montamos un libro que xa está listo para ser lido na nosa biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








