14.3.17

BLOG CONXUNTO DA BIBLIO E EDLG

Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir do mes de febreiro deste curso, xuntar nun só BLOG os de BIBLIOTECA e EDLG. Por iso as novas entradas destes dous equipos, que estamos traballando conxuntamente, poderedes atopalas sempre aquí.

Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon  "BLOG EDLG"

9.3.17

DÍA DA MULLER

Durante a semana do día 8 de marzo e para conmemorar o Día da Muller, desde a biblioteca  propuxemos ás titorías a elaboración dunha pequena investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes campos. Despois de escoller e elaborar as biografías de todas elas montamos un libro que xa está listo para ser lido na nosa biblioteca.
 

30.1.17

SEMANA DA PAZ

Esta semana no cole vimos desenvolvendo unha serie de actividades arredor da temática da paz: murais, mensaxes secretas, consignas. Desde a biblioteca contribuímos con esta selección de lecturas que agardan ser lidas por vós.


Tamén queremos recordar a figura da escritora Gloria Fuertes que compuso moitas das súas obras coa temática da paz. Este ano  conmemórase o centenario do seu nacemento e dende a biblio pensamos que non hai mellor homenaxe para un artista das palabras que facelo a través delas.

10 Poemas para a paz de Gloria Fuertes




E coma as mellores celebracións sempre van acompañadas de música. Ide aprendéndoa!!!




17.12.16

POSTAIS DE NADAL

O venres día 16 tivemos na biblioteca un taller de postais de Nadal, despois de traballar nas titorías co material preparado para realizar o texto.
Gozamos moito da actividade e os resultados foron estupendos, hai unha chea de artistas entre nós. As postais xa están expostas esperando a que un xurado experimentado elixa as gañadoras entre as dúas categorías, Ufff!  Que nervios!
       
                                      

16.12.16

VISITA DO APALPADOR


O día 15 de decembro por fin veu o Apalpador a visitarnos, cunha chea de historias das montañas do Caurel dentro da súa maleta. Tivemos para el un agasallo en forma de cantiga que lle encantou e non dubidou en facerse fotos co noso Apalpador xigante. Que ben nolo pasamos!

14.12.16

VISITA NA BIBLIOTECA

Mañá na biblio esperamos unha visita moi, moi especial!!!!

13.12.16

POSTAIS DE NADAL

Esta semana recibistes en clase unha carta de Espiñeiriña propoñéndovos un concurso de postais de Nadal. Ela está moi ilusionada esperando ver o que estades a preparar. Se queredes saber algo máis acerca de como se inventaron clicade na ligazón.