7.4.16

A novas cartillas!!

Xa comezamos a repartir as novas cartillas de navegación... Aproveitamos para cambiar a nosa foto no roll... Que se enteren todos que estamos recién ascendidos!!


17.3.16

A caza do tesouro!

Todo o cole, facendo grupos mixtos con pequenos e grandes descifrando e buscando pistas para atopar os ovos de chocolate que Espiñeiriña agochou por todo o cole... charca, horta, parque, árbores gardaban un doce agasallo... mesaxes do revés, números e letras, adiviñas...
O punto de partida de todos os grupos: A biblioteca!



3.3.16

Cartillas rematadas!

Os mellores lectores xa remataron a cartilla de navegación que entregamos o curso pasado. Aquí están cos seus diplomas ... en poucos días entregaremos as novas cartillas de navegación. Estade atentos navegantes!!



29.2.16

A carta formal!

Os alumnos de terceiro de primaria aproveitaron a sua hora semanal na biblio para escribir unha carta formal á dirección do centro solicitando un novo uso para a aula de plástica... Mirade que serios entregaron a súa petición á secretaria.



Aquí están as autoras das mellores cartas de amor e amizade!!

Parabéns a Carmela, Alba, María e Candela. As súas cartas foron estupendas!!



11.2.16

O amor é....

A porta da biblio está moi amorosa...
Mirade que corazón máis xeitoso cheo de frases en galego, castelán e inglés...

5.2.16

Concurso!!

Chegou o día do amor e a amizade!
Novo concurso na biblio, lede con atención as bases nos anuncios que atoparedes nos corredores e animádevos a participar.
Boa sorte e moitos biquiños de mar para todos!