Este venres, día 12, agárdovos na Biblio!!.
Haberá unha sorpresa moi doce para todos os nenos que veñen visitarme durante a hora do recreo...
Unha pista: Practicar as adiviñas que teñan que ver coas festas que imos celebrar en poucos días pode ser unha boa idea se queredes ter uns beizos doces o venres...
Moitos biquiños de mar para todos...
Espiñeiriña.
9.12.15
12.11.15
Xa temos gañadoras!
Aquí están as novas gañadoras do concurso de conxuros arrepiantes: Elsa de 2º de E.P e Candela de 4º de E,P.
Parabéns rapazas!
Moitos bicos de mar para as dúas ... gozade moito dos vosos agasallos e escribide moitas cousas bonitas con eles.
Moitos bicos de mar para todos!
Parabéns rapazas!
Moitos bicos de mar para as dúas ... gozade moito dos vosos agasallos e escribide moitas cousas bonitas con eles.
Moitos bicos de mar para todos!
6.11.15
Mochilas viaxeiras!
A cousa vai de viaxes.
Un curso máis as mochilas viaxeiras comezan a visitar as distintas familias dos alumnos do cole. Esperamos que as gocedes moito, non esquezades que dentro da mochila levades un caderno para anotar as preferencias e opinións que queirades compartir cos demais.
Moitos biquiños de mar para todos!

2.11.15
Na procura dun conxuro!!
Primeiro concurso na biblioteca!
Estou impaciente rapaces/as por recibir
as vosas terroríficas receitas de conxuros arrepiantes!!
Aínda non tedes nada preparado???
Como pode ser iso???
Tedes ata o venres 6 de novembro para
participar!
Hai unha fofucha-boli con cara de
bruxa para o gañador/a!!!
Anímate e participa!!
Moitos bicos de mar para todos.
Espiñeiriña.
25.10.15
Os agasallos do meu cumpre!
Este ano recibín varios agasallos polo meu aniversario: Un avión par facer as miñas viaxes, unha maleta para levar os meus libros favoritos e unha guía de países para que poida decicir o destino.E unha felicitación estupenda da aula de inglés!!
Gustáronme moito!! Moitas grazas rapaces e rapazas.
Gustáronme moito!! Moitas grazas rapaces e rapazas.
22.10.15
Espiñeiriña celebra o seu 12 aniversario.
O pasado 23 de outubro celebramos o día das bibliotecas, e, como desde xa fai uns anos, o aniversario de Espiñeiriña. Pasámolo xenial, Espiñeiriña recibiu uns agasallos estupendos: Unha maleta, un avión e un catálogo de países... Comemos un biscoito riquísimo que nos regalou a ANPA do cole... e montamos unha boa para apagar as candeas!
Espiñeiriña coma sempre nos agasallou cun vídeo no que presenta as novidades do curso...
A biblioteca abre as portas de novo.
Espérovos os martes e os xoves na hora do recreo.
Haberá sorpresas para todos..

Manual de supervivencia.
Xa está listo! Despois de moito traballo por fin o equipo de biblio entregou aos titores a carpeta con actividades de formación de usuarios, animación á lectura e Alfin... Esperamos que sexa de utilidade!!
https://issuu.com/ailamalo/docs/manual_listo/5?e=0
https://issuu.com/ailamalo/docs/manual_listo/5?e=0
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)