23.3.15

A nosa cartilla de navegación.

Ola rapaces e rapazas!
 Xa hai unhas semanas que tedes  a vosa cartilla de navegación.Para que poidades botar un ollo aos diferentes libros de cada curso preparei paa vós este libro virtual, clica sobre a portada e poderás velo. Espero que vos guste.
Moitos biquiños de mar para todos e todas.
Espiñeiriña

Que non recordas o rol de navegación? Non te preocupes! revisa a imaxe seguinte e atópate.





18.3.15

8 DE MARZO.... DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Ola a todos e todas!
Esta máquina do tempo está sendo de moita axuda este ano... Aquí tedes, se queredes volver a ver, o vídeo da miña útima viaxe na procura das mulleres galegas máis afamadas ao longo dos séculos.
Espero que o gocedes moito.
Biquiños de mar para todos e todas.
Espiñeiriña.


26.2.15

EMPEZAMOS A VIAXE!

Estou tan, tan, tan contenta que case pego un chimpo na biblioteca na hora do recreo!!
Hoxe, Gabriel, un alumno de segundo de primaria conseguiu  o seu primeiro cromo da cartilla de navegación!!!

Parabéns Gabri!!
Grabiel  demostrou
 que lera o libro:" A bruxa regañadentes"
Xa tes un !!!
parabéns campión!!




















Moitos biquiños de mar para ti!!

 Bueeeenoooo moitos biquiños de mar para tod@s…

As cartillas de navegación

Estamos en marcha, por fin!!
Xa tedes todos a vosa cartilla de navegación?
Estades todos preparados para navegar por ese mar de libros?
Revisade o rol de tripulación para saber en que nivel estades!

Rol de tripulación biblioteca
CEIP ESPIÑEIRA

1. CAPITÁN: ESPIÑEIRIÑA.
2. 1º OFICIAL. Alumnos/as de 6º
3. 2º OFICIAL. Alumnos /as de 5º
4. MAESTRE. Alumnos /as de 4º
5. CONTRAMAESTRE. Alumnos/as de 3º
6. MARIÑEIROS DE PRIMEIRA: Alumnos de 2º
7. MARIÑEIROS DE  SEGUNDA. Alumnos de 1º
8. GRUMETES. Alumnos de E. INFANTIL.


Boa viaxe! E que os ventos sexan favorables para chegar a porto seguro!!

Espiñeiriña.

 Capitana da tripulación.

Onde anda Espiñeiriña??

Ola rapaces e rapazas!
Seguro que xa me botabades de menos.
Teño unha  nova que contarvos: o novo desafío deste curso xa está en marcha!!!
Onde anda Espiñeiriña?
Pois desta vez estou moi preto no espazo e moi lonxe no tempo!!
Precisades máis axuda? Pois estade atentos, en poucos días darei unha nova pista para os que aínda andan despistados!
Animádevos a investigar  e a participar …  tedes de prazo ata o luns 17 de marzo.
Lembrade que tedes que localizarme no espazo: lugar onde estou, e no tempo: cando estou.

Moitos biquiños de mar para tod@s.
Onde anda Espiñeirña?

20.1.15

Unha danza centenaria,damas e galáns.


Hoxe foi un día especial , tivemos a sorte de que os membros da danza na honra de san Sebastián fixeron o seu ensaio xeral no noso cole. Esta danza é moi especial para o pobo de Aldán. 
Dezaseis danzantes interpretan un baile que foi pasando de xeración en xeración, de século en século, nunha ofrenda a San Sebastián, ó que nunca lle dan as costas, porque marchan cara atrás ao arredor da igrexa. Cinco damas engalanadas con xoias e enormes sombreiros adornados con flores e cintas resaltan en medio da decea de galáns e o guía, vestidos con traxe escuro.
Esta danza ten moito que ver co tema de investigación deste curso, xa que é anterior ao ano 1678, algúns a datan anterior ao século XII.

O mellor de todo foi, que despois puiden sacar unha foto con eles e mesmo firmaron no me caderno de visita!



10.1.15

Onde anda Espiñeiriña?

Xa temos gañadora da primeira edición do concurso : “Onde anda Espiñeiriña?”

E como algúns xa investigastes  estaba na catedral de Notredame, en París , Francia. Esta catedral foi construída entre 1163 y 1245 ( século XII-XIII)  e é, unha das catedrais góticas máis antigas do mundo. Na fotografía aparezo rodeada de gárgolas, aínda que parezan moi antigas en realidade as colocaron uns 700 anos despois de rematar a catedral (s. XIX).
A gañadora deste trimestre foi Candela Graña Valladares, alumna de 3º de E.P. Aquí a vedes moi contenta cos agasallos: Un diario, un marcapáxinas, un caderno especial da biblio, e unha mochila estupenda !!
As axudantes da biblio foron as encargadas de entregarlle o agasallo,e Gabriel de 2º de E.P. foi a man inocente que sacou a papeleta gañadora entre os  que acertaron.

En poucos días presentareivos un  novo reto!!
Animádevos a participar!!
Agárdovos os martes e os xoves na hora do recreo na  biblioteca.
Un bico moi grande para todos!                             
                                               Espiñeiriña.