10.1.15

Retaliños de Historia...

Mirade que cousiñas máis xeitosas están a facer as nosas  familias!!










Como, que non sabedes para que é?!!!
Claro, con tanta festa andamos todos un pouco despistados!!
Pois ben, lémbrovos que desde a biblioteca e coa colaboración indispensable do equipo de artística (os artistas do cole) estamos preparando un recuncho de lectura informal que irá colocado aquí…

Pareceunos unha idea estupenda que cada familia puidera participar na preparación deste recuncho e por iso desde o equipo da biblio propuxemos a actividade: “Retaliños de historia…”
Veña, animádevos, e faremos entre todos un lugar moi especial para os protagonistas de todas as nosas ideas…
Os vosos fillos…. Os nenos e nenas do Ceip Espiñeira.
Moitos bicos de mar para todos….
Espiñeiriña

22.12.14

Codia e Miolo!!

Como remate de trimestres, e antes da emisión do noso primeiro telexornal, recibimos a visita de Codia e Miolo que nos contaron varios contos que nos gustaron moito. E o mellor de todo e que cando acabaron firmaron no meu libro de visitas!!

12.12.14

Operación kilo!

O pasado xoves tivemos unha visita moi, moi especial.
Os bombeiros do Morrazo viñeron visitarnos, ensináronnos cousas do seu traballo, a roupa, os camións, as manguieiras...Toda a actividade tiña un propósito solidadario, recoller alimentos para repartir entre as persoas que os precisan!
Eu paseino xenial, mesmo provei o casco de bombeiro!
Mirade que guapa estou e que ben me queda!



Aquí estou con Ramón e Adrián, os meus novos amigos, antes de asinar no libro de visitas,

Onde anda Espiñeiriña??

Ola a todos e todas!
Xa está rematando este trimestre,dentro de poucos días sortearemos un agasallo entre todos os que acertaron no concurso da biblio.
COMO!????
Que todavía non sabes por onde ando??
Vale! Dareivos unha pista...
Un famoso Chepudo francés chamado Cuasimodo vivía aquí no campanario, e estaba moi namorado de Esmeralda...
Veña! animádevos e participade, non esquezades que tedes que averiguar ademáis  do monumento, o lugar e o século no que estou.
Moita sorte e moitos biquiños de mar para todos.

16.11.14

Espiñeiriña comparte os seus tesouros!

Por fin chegou o día!
O venres foi o día escollido para que por fin  empezasen as mochilas viaxeiras o seu  recorrido polas casas das nosas familias.
Libros de aventuras, poemas, cómics,  libros para pais e nais, películas e música viaxan as casas durante 15 días.
Ahhh! Esquecíame, este curso na mochila tamén vai algún libro que ten relación co noso proxecto anual:

Unha viaxe polo tempo.

Como todos os anos,  na mochila vai un pequeno caderno para que as familias poidan aportar as súas impresións, suxerencias e compartir as súas experiencias ...
Estou moi impaciente por ver os resultados.
Animádevos coa lectura!!!
Espiñeiriña.