16.11.14

As partes dun libro.

Ola rapaces e rapazas!!
Navegando polo mar inmenso de internet atopei un vídeo moi interesante de Lourdes Domenech  que explica moi ben as partes dun libro...
E como esta semana escoiteivos falar coas profes na biblio sobre o tema, vou deixarvos este agasallo para que sigades aprendendo.
Moitos bicos de mar: Espiñeiriña.

11.11.14

Formación de usuarios

Ola a todos!
Esta semana estiven moi ben acompañada...
Todos os nenos e nenas do cole viñeron á biblio.
Daba xenio velos decidir, e debatir sobre as  normas que deberíamos ter na biblio...
Aí vai a proba...

9.11.14

ÚLTIMA HORA!!!

Ola a todos e todas!
Estou super contenta e ilusionada!!
Esta semana recibimos a boa nova de sermos premiados no "Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación e participación da biblioteca escolar" no contexto do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) , na modalidade: proxectos documentais, integrados, coordinados desde a Biblioteca escolar, temática de ciencias.
Un recoñecemento moi ben acollido entre o profesorado e que queremos compartir con toda a Comunidade Educativa.
 Grazas ao profesorado, a vós as familias, á Biblioteca (como impulsadora do proxecto) a todas aquelas persoas que dalgunha maneira se involucraron, e en especial ao alumnado deste centro,  nenos e e nenas que  se documentaron, investigaron,  e experimentaron  no proxecto "As plantas" 

 A todos e todas Moitas grazas e parabéns!!!!!!!!


Un bico moi, moi forte: Espiñeiriña.

24.10.14

As viaxes de Espiñeiriña: Unha viaxe polo tempo

Vídeo das viaxes de Espiñeiriña co que se da inicio ao proxecto: UNHA VIAXE POLO TEMPO



E este é o agasallo para a nosa mascota Espiñeiriña, a mellor do mundo. FELICIDADES!!!!!



10.9.14

CARTA DE ESPIÑEIRIÑA

Queridos nenos e nenas do CEIP ESPIÑEIRA!
Seguro que xa estades de novo traballando,  e seguro que vos preguntaredes por onde ando eu…
Non podo dicirvos exactamente onde estou, máis ben tería que dicirvos por “cando estou”.
 Si, xa sei, é algo moi raro. Pero é que este verán, mentres uns traballadores facían pequenas reformas no cole púxenme a explorar e … non podedes nin imaxinar o que atopei!!
Xa vos terei informados a todos e a todas, avisade aos profes que a biblio está un pouco desordenada e  compre que a arranxen antes do meu regreso.
Eu procurarei estar de volta pronto( alá polo meu cumpre),  e contareivos as miñas viaxes .
Ides alucinar!!
Moitos Biquiños.





Espiñeiriña.

18.5.14

VIDEO-TITORIAL PARA RECOMENDAR UN LIBRO POR INTERNET

Con este titorial aprenderás a valorar un libro, dar a túa opinión a outros lectores e recomendalo. Tamén entrarás na biblioteca do CEIP Espiñeira para ver as novidades, libros máis emprestados, ver opinións de outros lectores e, saber se un libro esta dispoñible e en que sitio esta colocado na biblio.