31.3.13

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBYdeclarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todos os nenos e nenas, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
(Fonte: BEGA)

Para achegarnos á figura de H. C. Andersen e á súa obra, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentaremos ao alumnado estas actividades interactivas. O mes de abril estará cheo de libros e contos!!!



20.11.12

10º aniversario do Prestige

Na biblioteca estivemos vendo un documental sobre o desastre do Prestige, acontecido en Galicia fai dez anos.

9.11.12

CONTOS DE MEDO - SAMAÍN '12

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín. Na biblioteca, que se atopaba o final dun túnel escuro decorado por nos, escoitamos historias e contos de medo.

TEATRO: "A LENDA DO REI ARTURO"

Aquí tedes as fotos da obra de teatro desta historia tan lexendaria.

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están listas as mochilas viaxeiras, que disfrutedes delas!!