26.2.10

DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Dedícaselle este día porque é o aniversario do seu nacemento (24 de febreiro de 1837). Foi unha das figuras indispensables na literatura do século XIX. Está considerada como unha das mellores escritoras en Lingua Galega e tamén unha das principais responsables do Rexurdimento da cultura e lingua galega.

Se queredes saber máis sobre Rosalía e a súa obra pica AQUÍ


Este ano, no entroido, unha das alumnas de 6º, foi disfrazada de Rosalia . Que libro levaba?

20.1.10

Día da Paz


O "Día Escolar da Non-violencia e da Paz" (DENIP), fundado en 1964 e
coñecido tamén polo Día Mundial ou Internacional da Non-violencia e da Paz, celébrase o 30 de xaneiro. É unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria da Educación Non violenta Pacificadora, practicada xa nas escolas de todo o mundo e á que están convidados a participar os centros educativos de todos os países.
Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o
home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixera
realidade.
“Amor universal, Non-violencia e Paz. O amor universal é mellor que o
egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra”.



Presentámosvos unha escolma de actividades útiles para traballar no Día da Paz.
RECANTO DE MIK
ALDEA TOTAL

23.11.09

25 de novembro: Día Internacional da non violencia de Xénero

Aquí tedes algunhas recomendacións do cole de Quintela para traballar dende a biblioteca esta celebración. Picade AQUÍ

18.11.09

Os do 2º e 3º ciclo fixemos unha saída ao auditorio CAIXANOVA (Vigo)



Por primeira vez asistimos a una representación teatral "in english"!!!

28.10.09

O Samaín


Esta semana imos a celebrar a festa popular galega do Samaín. O próximo Venres 30 de Outubro faremos unha festa con baile de disfraces, talleres, exposición de libros de medo, lectura de lendas e meigallos...
Convidamos a todos os pais e nais que desexen a asistir á celebración a partir das 12.30 da mañá.
Andamos estes días a aprender esta canción para o venres, aqui tedes letra e música para praticar na casa:
Samaín (Mamá Cabra)




">

Saída Literaria ó Auditorio de Cangas


Os nenos e nenas da escola realizaron unha saída literaria para coñecer o novo libro do escritor Xosé Miranda Ruiz editado por Xerais.

Aqui deixamos a sinopse do libro:

"Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante".

Un saúdo.

Mes das Bibliotecas Escolares


Este mes temos unha importante celebración na nosa escola xa que, é mes das Bibliotecas Escolares.

É un homenaxe que facemos as nosas queridas bibliotecas que tanta ledicia e sabiduría desprenden xa que, a través delas e dos seus libros podemos descubrir historias maravillosas, consultar información, mergullarnos en mundos lexanos e atopar nas palabras un espectacular universo de sensacións.


Aqui tedes o cartel deste ano para lembrar as potencialidades das bibliotecas á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.