30.9.24

PARA FACER ESTE VIÑO TIVEMOS QUE IR VENDIMAR!!!

O pasado venres o alumnado de Educación Infantil, convertéronse en auténticos vendimadores, dando comezo ao noso Proxecto Documental Integrado deste curso titulado "A Intelixencia Artesanal".

Ó entrar no cole atopámonos con que os corredores das aulas de E.I. estaban cambiados... Que estaba pasando?

  

Pero aínda había máis sorpresas... 

En Vilapeques apareceu unha vide con uvas de diferentes tipos....

Así que puxémonos mans a obra e comezamos a recoller as uvas como auténticos vendimadores...





   

Tamén as clasificamos segundo a súa cor e tipo (treixadura e  albariño, catalán "neghro" e catalán "roxo")...
   
A continuación, descalzámonos e comezamos a pisar os tres tipos de uvas, cada un no seu capacho, tal e como se facía hai moitos anos... Que sensación, sentir as uvas nos nosos pes...
 
   Xa por último, colamos e prensamos os distintos tipos de uva... 

E fixemos un mosto, que nos quedou moi saboroso... E que por suposto, probamos antes de que comezara a súa fermentación...

E ata aquí... toda a nosa experiencia en contacto cos oficios de antes:"Os vendimadores de Espiñeira"
Comezando a traballar deste xeito co noso PDI "A Intelexencia Artesanal".

27.9.24

BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALDÁN

Como vén sendo habitual, en cada curso escolar non pode faltar a nosa visita á biblioteca pública de Aldán, a cal acudimos andando xa que se atopa a 15 minutiños da nosa escola. Durante a andaina sempre xorden momentos máxicos e anecdóticos: encontro con familias, avistamento de cabalos, lugares con encanto...

A visita á biblioteca sempre é de agrado para o noso alumnado e, boa parte do entusiasmo xerado é debido á bibliotecaria Isa, a cal, sempre nos recibe con entusiasmo e ilusión.



Tivemos tempo para facer carnés de usuario para aquelas nenas e aqueles nenos que non o tiñan, para realizar o empréstito de libros e para gozar dunha sesión de contacontos.

A estancia nas dependencias aproveitámola para inicial o proxecto documental integrado que dende a biblio impulsamos sobre a intelixencia artesanal, cuxo título e logo final resolverase na conmemoración do Día das Biblliotecas, o vindeiro 24 de outubro do 2024. Así, recompilamos bibliografía sobre a vendima, que será o primeiro proxecto que levará a cabo o alumnado de infantil en consonancia co PDI da escola.

Por último, tivemos tempo de ir desfrutar do parque de Aldán, atopado xusto enfronte da biblioteca da parroquia.





E ata aquí chegou a nosa aventura explorando os recursos e recunchos da nosa contorna! 
💚
Xa estamos un pouco máis preparadas e preparados para iniciar o noso proxecto sobre un dos oficios artesanais típicos da zona e desta época do ano como é a vendima

Ata pronto miñas lectoras e lectores!
Espiñeiriña.