O pasado 1 de decembro recibimos a visita dalgunhas das persoas que integran a Asociación Juan XXIII de Cangas e puidemos gozar das propostas de actividades e dunha convivencia fermosísima 💚💛💜
Eles e elas explicáronnos, a través dunha presentación que elaboraron para a ocasión, o concepto de discapacidade e os tres tipos: sensorial, física e intelectual. Moitísimas grazas Pili, Fran, Mina, Alejandra, Jacobo, Diego e Dani por achegar estes conceptos á nosa cativada a través dunha explicación que conseguiu a atención dos máis pequenos do cole.
Despois chegou a hora do conto! Un momento xenial e máxico que cautivou ós ointes. A linguaxe de señas xogou un papel fundamental e as criazas alí presentes pedían saber máis 😊
Ademais, realizamos un obradoiro no que cada neno e nena creou e personalizou un marcapáxinas. Tamén participamos na elaboración dun mural no que se amosa perfectamente a diversidade 😍
O noso alumnado, en agradecemento, fixéronlles uns agasallos e entregáronllos con moito amor:
Con motivo desta conmemoración, o alumnado do cole realizou, de maneira creativa e atendendo á diversidade, este bonito mural composto por diferentes pezas elabororadas por cada grupo-clase.
Non nos queriamos despedir sen facer fincapé na frase coa que concluíron a proxección inicial:
GÚSTANOS QUE AS PERSOAS SEXAMOS TODAS DIFERENTES.
E ata aquí a nosa aventura de hoxe...
Ata outra navegantes,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario