Concienciadas e concienciados co coidado do planeta, dende o cole quixemos comprobar canto plástico xeramos en 3 días cos residuos das merendas. En consecuencia, arroxamos eses plásticos nunha zona do noso patio, concretamente no Bosque das Landras, e delimitamos o espazo contaminado.
Velaquí algunhas fotiños do evento e das "performance" xurdidas polo alumnado:
"O respecto polo medio ambiente non é cousa dun día senón que é unha tarefa cotiá".
Así, as nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. quixeron amosar as boas accións que facemos pola Terra a través deste fermoso traballo:
Por último, compartimos algunhas recomendacións lectoras dispoñibles na nosa biblioteca e cuxo contido serve para reflexionar e crear conciencia:
Un saúdo e deica pronto,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario