Este 8 de marzo sumámonos ás reivindicacións do feminismo e unha vez máis puxemos en valor a mulleres relevantes, nesta ocasión destacamos a mulleres actuais da nosa contorna nunha exposición a que chamamos GALEGAS TODAS.
Nesta ocasión rendemos homenaxe á ilustradora e profesora Luz Beloso, á Chus Lago, alpinista,exploradora, escritora e política, á cantante SÉS, a deseñadora Purificación García, á astrofísica Mª Begoña Vila Costas, a debuxante Emma Ríos, á poeta Míriam Ferradáns, á olímpica María Abel e a Míriam Pena,unha das mellores enxeñeiras do mundo que traballa en Silicon Valley.
Os pequenos e pequenas de 5 anos deixannos este fermoso vídeo:
Tamén os nenos e nenas de 3 anos quixeron ir máis alá e iniciarse como ilustradores e ilustradora emulando a Luz Beloso
O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de contar coa visita da autora bueuense, Míriam Ferradáns e de falar con ela animadamente na nosa biblioteca.
De xeito especial o alumnado de 5º de primaria presenta a María Abel mestra de educación física da nosa escola e participante nos Xogos Olímpicos Sidney 2000 nos 10.000 m e en Atenas 2004, en maratón.
Ademais o alumnado de 6º presenta nun vídeo a Concha Blanco.
O Concello de Cangas enviounos uns MARCAPÁXINAS para o alumnado dentro da Campaña "Recuperando a historia das nosas veciñas".
Nós tamén quixemos completar o día vestíndonos coas camisetas que estampamos co lema deste ano: GALEGAS TODAS.
Como ben sabedes, estamos inmersos no proxecto sobre o noso patio, por iso e coa axuda das familias, quixemos celebrar un entroido no que a fauna e a flora do patio fora a protagonista 🐛🐜🐝🐞🐤🐣🐥🐦🐧🐸🐉🌲🌵🌴🌳
Durante a semana de entroido houbo diferentes actividades entre a que destacamos o mandadiño, que este curso portouse da seguinte maneira:
- O luns, algo verde traerás e unha ra parecerás.
- O martes, en ave te convertirás e plumas na cabeza levarás.
- O mércores, se te queres divertir cunha saia terás que vir.
- O xoves, o mandadiño rematarás e un pé de cada cor traerás.
O venres foi o gran día, onde todos e todas desfilamos pola contorna. Compártovos este vídeo onde podedes ver as diferentes vestimentas, doces típicos da época e o ben que o pasamos ó ritmo das gaitas!
Antes de despedirme quería recomendarvos dous libros, presentes na biblioteca, sobre o entroido de Galicia que gusta tanto á cativada como as persoas adultas:
Posto que en Aldán aínda seguimos de entroido xa que o sábado é o enterro do mexilón, só temos que dicirvos: QUE NON PARE A FESTA!