22.11.16

DÍA INTERNACIONAL PARA ELIMINACIÓN DÁ VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Un novo ano no cole estamos a preparar a nosa participación nos actos que o próximo 25 de novembro  celebrarán no concello de Cangas,  todos os centros da zona. Desde a biblioteca querémosvos facer unha serie de recomendacións para coñecer, sensibilizar e educar aos nosos nenos e nenas para a erradicación desta e outras formas de violencia.



E como sabedes que as historias ben escritas son a nosa debilidade....

A historia fai unha revisión da historia de Cincenta desde unha perspectiva máis actual, nela  os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.
E si queredes lela en liña...Premede no enlace
"LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES"


Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un xogo para poñer aos nenos noutro
tipo de papeis.



E unha última recomendación "La  mochila violeta", unha guía de lectura recompilada por Natalia Enguix e Cristina López da Asociación de Mulleres Politólogas de Granada repleto de boas recomendacións sobre literatura infantil e xuvenil coeducativa. LA MOCHILA VIOLETA

La mochila violeta



MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están aquí!!!  Con agarimo foron seleccionadas polos vosos titores que son os que mellor saben o que de verdade vos gusta;  esperamos que goceis moito en compañía das vosas familias das lecturas propostas, das pelis e a música. Os nosos eficientes axudantes de biblioteca xa as están repartindo polas aulas,  estade atentos ás súas explicacións!!




2.11.16

UN SAMAÍN DE CONTOS

O pasado día 28 de outubro celebramos no cole a festa de Samaín ou Halloween e desde a Biblioteca quixémoslle dar un xiro positivo  porque dos medos tamén aprendemos e podemos vencelos. Por iso despois de percorrer o noso túnel do medo acabamos na Biblioteca onde os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º leron aos máis pequenos de Ed. Infantil, 1º e 2º uns estupendos contos: "Sacapenas", "Carabuñas" e " Corre, corre Cabaciña". Que ben o fixeron! Ata gozamos dun contacontos á luz de lanternas! Mirade, mirade!










24.10.16

FOTOS DÍA DAS BIBLIOTECAS




DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola! E chegou por fin o día 21 e tivemos como cada ano festa na biblioteca, non só celebrabamos o Día Mundial das Bibliotecas, tamén fixemos festa por ser os 13º aniversario de Espiñeiriña e o arranque dun curso cheo de proxectos novos. Mirade que ben o pasamos!

21.10.16

AXUDANTES 2016/17



Estes son os axudantes de biblioteca deste curso despois de asinar o contrato e recibir un adestramento rápido xa están á vosa disposición na biblioteca os martes e xoves á hora do recreo.



COMEZAMOS!


 Ola!  Como vos foi este verán? Xa estamos de volta con novas ideas para este curso. Espiñeiriña acábavos de deixar un reto,  que vos parece? Estade atentos ás pistas que vos chegarán ás aulas nas próximas semanas.


Ola a todos e todas!
Cómo foi  o voso verán? O meu,  nun principio pensei que sería moi aburrido e triste porque este ano,  debido a crise esta que non nos deixa, non puiden marchar de vacacións  moi lonxe…de feito,  tiven que veranear na charca do cole!! Recoñezo que non empecei coa mellor disposición pero cando tiven que voltar ao cole decateime que este fora o mellor verán da miña vida!!!! Fixen amigos e amigas novos e vivín con eles as mellores aventuras…
Xa ando pola biblioteca do cole argallando a celebración do meu aniversario, estou a piques de cumprir 13 anos… Case nada!!! E coma tódolos anos quero celebralo convosco pero dunha maneira diferente,  en vez de agasallos,  vos propoño un xogo.  Durante as seguintes semanas e ata o día 21 de outubro recibiredes de cando en vez unhas pistas (os maiores) e unhas adiviñas (os de Infantil) que vos levará a pescudar  cales son os meus novos amigos e amigas da charca.  Cando creades ter a solución coa axuda dos vosos titores e titoras pegaredes nun folio DINA3 as pistas recibidas e de maneira artística presentaredes a solución do reto proposto.  Qué vos parece? Acompañádesme na pescuda?
Bicos e apertas

ESPIÑEIRIÑA