7.5.24

 OS MAIOS NA ESPIÑEIRA 

O pasado martes 30 de abril, con motivo da celebración dos maios e a entrada do mes das flores, gozamos dunha xornada moi bonita en Espiñeira. 

Coas flores que os nenos e nenas foran coller ao monte a fin de semana e trouxeron ao cole, fixemos os nosos propios colares, aneis, coroas... e despois levámolos postos para casiña. E por suposto, tamén cantamos! 

Vivan os maios e a primavera!






6.5.24

CELEBRACIÓN DÍA DA TERRA

Coincidindo coa celebración do Día da Terra, leváronse a cabo as sesións da horta do mes de abril e tamén plantamos árbores en diferentes zonas do cole doadas pola Deputación de Pontevedra. 

Os alumnos e alumnas de infantil e 1º ciclo de primaria elaboraron diferentes batidos con froita e hortalizas da horta e os nenos máis maiores limparon varias zonas dela e do invernadoiro. Ademais, plantamos cebolas, tomates, xudías, pementos, canónigos, rúcula, albahaca, leituga e algunhas flores.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños!