16.11.14

Espiñeiriña comparte os seus tesouros!

Por fin chegou o día!
O venres foi o día escollido para que por fin  empezasen as mochilas viaxeiras o seu  recorrido polas casas das nosas familias.
Libros de aventuras, poemas, cómics,  libros para pais e nais, películas e música viaxan as casas durante 15 días.
Ahhh! Esquecíame, este curso na mochila tamén vai algún libro que ten relación co noso proxecto anual:

Unha viaxe polo tempo.

Como todos os anos,  na mochila vai un pequeno caderno para que as familias poidan aportar as súas impresións, suxerencias e compartir as súas experiencias ...
Estou moi impaciente por ver os resultados.
Animádevos coa lectura!!!
Espiñeiriña.

As partes dun libro.

Ola rapaces e rapazas!!
Navegando polo mar inmenso de internet atopei un vídeo moi interesante de Lourdes Domenech  que explica moi ben as partes dun libro...
E como esta semana escoiteivos falar coas profes na biblio sobre o tema, vou deixarvos este agasallo para que sigades aprendendo.
Moitos bicos de mar: Espiñeiriña.

11.11.14

Formación de usuarios

video
Ola a todos!
Esta semana estiven moi ben acompañada...
Todos os nenos e nenas do cole viñeron á biblio.
Daba xenio velos decidir, e debatir sobre as  normas que deberíamos ter na biblio...
Aí vai a proba...

9.11.14

ÚLTIMA HORA!!!

Ola a todos e todas!
Estou super contenta e ilusionada!!
Esta semana recibimos a boa nova de sermos premiados no "Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación e participación da biblioteca escolar" no contexto do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) , na modalidade: proxectos documentais, integrados, coordinados desde a Biblioteca escolar, temática de ciencias.
Un recoñecemento moi ben acollido entre o profesorado e que queremos compartir con toda a Comunidade Educativa.
 Grazas ao profesorado, a vós as familias, á Biblioteca (como impulsadora do proxecto) a todas aquelas persoas que dalgunha maneira se involucraron, e en especial ao alumnado deste centro,  nenos e e nenas que  se documentaron, investigaron,  e experimentaron  no proxecto "As plantas" 

 A todos e todas Moitas grazas e parabéns!!!!!!!!


Un bico moi, moi forte: Espiñeiriña.