28.12.18

UN NADAL DE CONTOS!

Como colofón a este trimestre cargado de emocións, recibimos a visita dunha contacontos moi agarimosa e cun vínculo especial co noso centro.

Foron catro contos apaixoantes e moi entretidos, onde os cativos sempre tiñan un papel esencial no desenvolvemento. Non faltaron nin risas nin emoción!






Aproveito para felicitarvos as festas. Espero que volvades cargad@s de enerxía e con gañas de contar as vosas experiencias acontecidas durante o Nadal!

Bo Nadal e graciñas pola vosa colaboración!!!

Atentamente,
Espiñeiriña.

16.12.18

BENVIDA ÓS NOV@S USUARI@S E ÓS RECREOS NA BIBLIOTECA

O pasado mes demos a benvida ós novos usuarios da biblioteca coa entrega dos carnés para que puideran facer o empréstito de libros e audiovisuais. Acolleron a noticia con gran entusiasmo!




Iniciáronse os recreos na biblioteca, onde @s axudantes teñen un papel esencial no mantemento, funcionamento e dinamización da mesma.

Recreos na biblio: martes e xoves de 12:30 a 13:00 horas.

Ata pronto navegadores!


25.11.18

En prol da Igualdade e da Non Violencia!

Como ben sabedes, este curso estamos sumerxidos no Proxecto EmocionARTE. Aproveitando a 7ª arte (o cinema) e a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, quixemos levar a cabo a I Semana de Curtas en Prol da Igualdade e da Non Violencia.

Deixámosvos o cartel que segue exposto no patio cuberto do cole e na entrada da nosa biblioteca:

Aquí algunhas instantáneas do momento.

 - Mercando as entradas:




- Visualizando as curtas:




Xa fóra da nosa biblioteca, o alumnado da Espiñeira participou nun acto organizado polo concello de Cangas, cuxo lema foi: "APÚNTATE AO BO TRATO!". Interpretaron a canción "Déjala que baile":








22.11.18

POUQUIÑO A POUCO... ARRANCAMOS!

Tras meses de reubicación da biblioteca e con todo o que iso supón... queremos comezar con aquelas actividades que se poidan ir facendo, tendo en conta a situación actual. Queda traballo por facer e cousiñas moi boas que temos argalladas, pero antes, querémosvos dicir que xa temos nomeados ós axudantes de biblioteca e coa súa colaboración, arrancamos coas mochilas viaxeiras: 







Dentro das mochilas van distintos materiais dos que poderedes degustar... e para todo tipo de público! Atoparedes tamén as normas de uso e un tríptico explicativo.

Desfrutádeas moito familias!

Un saudiño.

17.5.18

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

E chegou coma cada ano o Día das Letras Galegas este ano adicado a gran profesora e escritora Mª Victoria Moreno unha namorada da nosa língua.
Este curso o celebramos inaugurando un novo recanto lector na entrada do noso cole cunha escolma de lecturas e xornais que farán máis amenas as esperas das nosas familias. Tamén dende o contexto lingüístico nos presentaron na biblioteca unha selección dos seus traballos sobre a colección dos Bolechas con personaxes célebres da cultura galega aos que se adicaron en anos anteriores esta data tan importante. E como o 17 de maio é un día de festa sacamos os libros ao patio para unir a lectura e aire libre.

26.4.18

DÍA DO LIBRO

Como cada 23 de abril no cole dedicamos o día a actividades relacionadas cos libros. Este ano decidimos unificar lectura e natureza inspirados pola marabillosa contorna que nos rodea.Durante a semana anterior os nenos e nenas elexiron a súa lectura favorita e recrearon a portada dos libros nuns monecos feitos en cartolina e personalizados facendo así recomendacións lectoras aos compañeiros/as no patio do cole. O mesmo día 23 fixemos un apadriñamento lector dos maiores cos pequenos na zona da carballeira con lecturas que literalmente caeron das árbores. Tamén veu nosa antiga profesora nativa de inglés. Ruth para deleitarnos cun contacontos divertido na súa língua e acabamos o día inaugurando nosa nova zona de xogos realizada pola AMPA de noso cole a pasada fin de semana.