8.2.24

SEMENTEMOS HARMONÍA!

Bos días mundo!

Preguntarédevos que fago por aquí de novo... pois está vez para falar da Paz, esa palabra da que tanto se fala, tanto se emprega,... pero non sempre se cumpre. 

A paz non é simplemente a ausencia da guerra, é un proceso social complexo e un concepto construído historicamente. Por iso, non consiste en defender ao máis débil, ni ao bando gañador, nin á parte que nos interese, senón defender o mundo. Neste sentido, a Paz esixe crear non soamente as condicións propicias para que esta aniñe, senón que se manteña.

Unha vez dito isto, en Espiñeira leváronse a cabo unha serie de actividades encamiñadas a sementar valores de tolerancia, respecto, empatía, e unha infinidade de palabras bonitas que viven nos corazóns de toda a comunidade educativa desta escoliña. 

Pois... a cativada de Educación Infantil falou sobre a fermosa palabra da Paz, expresouno a través da arte; a de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron unha mañá de debate reflexionando coas tarxetas que elaboraron as titoras de Wonder Ponder; e a de 3º a 6º de Educación Primaria traballaron na elaboración do manifesto que posteriormente se leu na xuntanza no Arco da Vella. Neste último, rematamos cantando a canción Convive con Cautela signando en lingua de signos o retrouso coa axuda do colectivo de Juan XXIII e facendo unha cadea humana posto que a unión fai a forza. Cómpre engadir que o día finalizou coa proxección dun vídeo na biblioteca na que traballaron a rapazada do centro xunto con Juan XXIII.

Como ben dixeron no seu día Cayo Tito, as palabras lévaas o vento e Henrik Ibsen, as accións valen máis que as palabras, pois a continuación podedes ver o nomeado anteriormente: 

- En Educación Infantil:

     

     



- En 1º e 2º de Educación Primaria:





- Toda a escola:




Ata outra! Non esquezades sementar harmonía!
Espiñeiriña


30.1.24

CLUB DE LECTURA COA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

Neste día queremos compartir con toda a comunidade educativa do CEIPP da Espiñeira Aldán o proxecto que levamos cabo ao longo do trimestre anterior coa asociación Juan XXIII.

Esta asociación popúxonos compartir un CLUB DE LECTURA entre parte do noso alumnado e dos seus usuarios e usuarias.

Nun primeiro encontro xuntámonos con Carmen, Dani H, Jacinta, Silvia, Pili, María e Moisés no Club de Lectura terapéutico para que eles e elas nos amosaran unha serie de libros,  achegando algúns coñecementos que xa tiñan desas obras literarias para axudarnos na elección. 

Outro día contamos con Alejandra, David, Andrea, Juan Lestayo, Miguel Rocha, Pepe e Rosa no Club de Lectura fácil.

Foi así como escollemos “Así é a vida” para 1º ciclo e “A chamada do salvaxe” para o 2º ciclo de primaria. Démonos un tempo para ler…, e mentres tanto os/as compañeiros/as Mina, Ana, Eva, Jacobo e Benja, co seu  grupo de Mediación Comunicativa, volveron ao colexio para contarlles cun Teatro de sombras o conto “Xa está aquí lobo” aos máis pequenos e pequenas da escola. Unha marabilla!

Finalmente, tas ler os libros elaboramos coa axuda de Irene, nai do colexio, unha chea de actividades de dinamización lectora sobre os mesmos. As usuarias e usuarios de Juan XXIII volveron visitarnos para compartir opinións sobre as lecturas e para desfrutar xuntos dun montón de xogos. 

Foi unha experiencia fantástica que plasmamos neste vídeo. Agardamos que vos guste!!!


           




25.1.24

BIBLIOTECA ACTIVA

Bos días navegantes!

Hoxe queremos compartir convosco a actividade que levou a cabo a AFA na nosa escoliña! Foi todo un éxito! 

O pasado mércores día 17 de xaneiro desfrutamos compartindo historias que, dalgún xeito, nos acompañan día a día. En familia narramos e escoitamos algúns dos contos preferidos das persoas que asistiron á actividade da Biblioteca Activa

Neste fermosísimo espazo pasan cousas marabillosas, anímaste a descubrir máis? Pois non tes máis que vir á próxima que será o martes 20 de febreiro! Agardámoste!

A continuación podedes ver unhas fotiñas do a gusto que estivimos...



Unha aperta xigantísima!

Espiñeiriña.



23.12.23

Luces, Cámara, Acción e Diversión!

Ola cineastas!

Pásome por aquí porque estou moi contenta e orgullosa dos fermosos vídeos que fixeron as nenas e os nenos de Espiñeira! 

Si, xa sei, antes de nada teño que contarvos en que consistía a proposta enmarcada no noso proxecto anual do Cine! Pois neste concurso había que rodar un pequeno vídeo (un Micro-cine) relacionado co nadal que tivera unha duración máxima dun minuto. O obxectivo deste era amosar calquera sentimento relacionado con estas datas.

Despois de reunirnos todo o Equipo de Biblioteca e debater, decidimos, coa dificultade que nos supuxo, que o vídeo gañador dun grande Óscar da escola era o de Mariña de 1º de Educación Primaria e o seu irmán Amaro de 3º de Educación Primaria. A nosa noraboa!

Ademais, tamén seleccionamos os mellores vídeos de cada curso que foron premiados cun pequeno Óscar. O resultado foi este:

    - 4º de Educación Infantil: Olivia

    - 5º de Educación Infantil: Unai 

    - 6º de Educación Infantil: Lara

    - 1º de Educación Primaria: Mariña

    - 2º de Educación Primaria: Aluhe

    - 3 º de Educación Primaria: Loaira

- 4º de Educación Primaria: Matilde

    - 5º de Educación Primaria: Vera

    - 6º de Educación Primaria: Carla


Porén, o alumnado que participou tamén foi agasallado cun trofeo de estrelas, porque toda a comunidade educativa de Espiñeira brila!

Deseguido podedes ver unhas fotiños coa entrega de premios:


 



                


Noraboa cativada, Noraboa familias! Noraboa Espiñeira!

Deséxovos moito felicidade no próximo ano!

Espiñeiriña.



20.12.23

GUÍAS DE LECTURA DOS EDLG DO MORRAZO

Bo día navegantes:

Como cada ano compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte.

Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...

Desprega as páxinas... e deixa voar as palabras...

INFANTIL


PRIMARIA


Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe as suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.


               Viaxa co galego a universos paralelos...

Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego...

Un saudiño e ata a próxima viaxeir@s!

29.11.23

SEMENTANDO E COIDANDO A IGUALDADE

 Bo día navegantes:

Este ano, como ben sendo habitual no noso centro,  a nosa actividade de sensibilización en torno o "Día Universal contra a violencia de Xénero" consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito ao bo trato.

Para iso dirixímonos a "Praza das Pontes" en Cangas facendo un "pasarrúas" acompañados de músicos entre os cales atopábanse familias, amig@s e profesorado do centro.

 
 

Alí, cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do Concello de Cangas, presentamos a nosa proposta musical... Nesta ocasión, entre todo o alumnado do centro inventouse a letra dunha canción baseada na melodía de "Se chove" de Treixadura, titulada PASODOBRE DA IGUALDADE.

Pincha na seguinte ligazón para escoitar a canción:

PASODOBRE A IGUALDADE

Tamén no centro elaboramos unha pancarta e un mural colectivo entre todo o alumnado co título de "Sementando e coidando a igualdade", para facer visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema, que lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión.

Un saúdo e ata a próxima...

22.11.23

TODAS E TODOS AO COLE EN PIXAMA

O pasado luns reivindicamos o Día Universal da Infancia dunha forma moi especial, pois quixemos colaborar coa Asociación Estatal de Acogimiento Familiar seguindo a súa marabillosa proposta de vir ó cole en pixama. O pixama é símbolo de intimidade familiar, un momento no que as crianzas se senten protexidas, arroupadas e seguras. Así, a través desta acción e das diferentes actividades realizadas, concienciamos sobre 💜 O DEREITO DE TODO NENO E NENA A CRECER EN FAMILIA 💜



💭 ONDE COMEZAN OS SOÑOS! é o título do mural que realizamos. Nel podedes contemplar ó noso alumnado, pensando no seu soño, acompañado do seu obxecto de apego.




📹 SESIÓN DE CURTAS relacionadas co acollemento familiar e o dereito a crecer en familia.


📙 LECTURAS que abordan a temática da diversidade familiar e os dereitos da rapazada. Algunhas destas obras literarias chegaron as aulas de infantil envoltas en papel de agasallo.



E ata aquí o noso día do pixama! 


Despídome ata a próxima aventura,

Espiñeiriña