23.6.19

MERCADILLO SOLIDARIO

Dende o luns 17 ata o venres 21 de xuño de 2019, puxemos á disposición da comunidade educativa un mercadillo de libros resultado do expurgo realizado na biblioteca do cole.



O luns varias traballadoras da protectora xunto con dous policías locais, impartiron unha charla dirixida a todo o alumnado co fin de crear conciencia.

Ese mesmo día, comezamos co mercadillo solidario de libros nas dependencias do CEIP Plurilingüe da Espiñeira e invitamos á participación da seguinte maneira:
Houbo unha exposición de libros para diferentes tipos de público (segundo a idade ou preferencias literarias). Así, a actividade consistiu nun troco, é dicir, ti levas un libro e a cambio podes entregar: comida para cans, correas, arneses, colares...


Grazas á comunidade educativa pola vosa participación e ás traballadoras/es da protectora de animáis do Morrazo polo seu magnífico labor.

Informarvos de que pronto comezarán as obras de ampliación da nosa biblioteca! Manterémosvos informad@s!


Desfrutade das vacacións!!!

Un saúdo,
Espiñeiriña.

6.6.19

LETRAS GALEGAS 2019

O xoves 16 de maio celebramos no noso cole o Día das Letras Galegas. Este curso quixemos promover lecturas en galego contando co atractivo do espazo natural da nosa contorna.
 



Despois destas lecturas nun espazo fermoso, fomos cara o salón de actos para gozar duns vídeos elaborados polo alumnado de 3º a 6º de Primaria. O tema tratado non puido ser outro que a vida e obras do autor homenaxeado: Antonio Fraguas Fraguas.

 

Se queredes ver os vídeos creados, só tendes que acceder a este enlace e consultar a entrada titulada "Letras Galegas": https://pluriespinheira.wixsite.com/proxectos/copia-de-contexto-lingueistico

Previo á celebración, realizamos algunhas actividades dedicadas ó autor. Moitas das clases do cole realizaron un xogo de pistas en gran grupo ou en pequeno grupo, como foi o caso do alumnado de infantil. As actividades tiveron como punto de referencia os pósters de Antonio Fraguas facilitados pola Consellería.







Durante toda a semana sacamos ó patio libros en galego, a maioría deles relacionados con autoras e autores homenaxeados.




Por último, temos que comentar o éxito entre o alumnado do libro-CD "Canta, miña pedra, canta", en homenaxe a Antonio Fraguas.


Un saúdo e deica pronto navegantes!

Espiñeiriña.