16.12.22

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado 1 de decembro recibimos a visita dalgunhas das persoas que integran a Asociación Juan XXIII de Cangas e puidemos gozar das propostas de actividades e dunha convivencia fermosísima 💚💛💜

Eles e elas explicáronnos, a través dunha presentación que elaboraron para a ocasión, o concepto de discapacidade e os tres tipos: sensorial, física e intelectual. Moitísimas grazas Pili, Fran, Mina, Alejandra, Jacobo, Diego e Dani por achegar estes conceptos á nosa cativada a través dunha explicación que conseguiu a atención dos máis pequenos do cole.



Despois chegou a hora do conto! Un momento xenial e máxico que cautivou ós ointes. A linguaxe de señas xogou un papel fundamental e as criazas alí presentes pedían saber máis 😊





Ademais, realizamos un obradoiro no que cada neno e nena creou e personalizou un marcapáxinas. Tamén participamos na elaboración dun mural no que se amosa perfectamente a diversidade 😍









O noso alumnado, en agradecemento, fixéronlles uns agasallos e entregáronllos con moito amor:


Con motivo desta conmemoración, o alumnado do cole realizou, de maneira creativa e atendendo á diversidade, este bonito mural composto por diferentes pezas elabororadas por cada grupo-clase.


Non nos queriamos despedir sen facer fincapé na frase coa que concluíron a proxección inicial:
GÚSTANOS QUE AS PERSOAS SEXAMOS TODAS DIFERENTES.


E ata aquí a nosa aventura de hoxe...

Ata outra navegantes,
Espiñeiriña.

 

13.12.22

GUÍAS DE LECTURA DOS EDLG DO MORRAZO

Bo día navegantes!
 
Como cada ano os Equipos de dinamización da lingua galega do Morrazo elaboramos unhas guías de lectura e música en galego coas últimas novidades.

Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais:

- INFANTIL
 
 
 
 - PRIMARIA
 

 
Ademais , deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe as suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.
 
 
 
Esperamos que vos sivan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego.


Por último, gustaríanos agradecer a Josuha Xanbreo, por agasallarnos coa esta marabillosa ilustración que vai implícita nas guías:
 
 
         
 
Aquí  vos deixamos a súa web e a súa conta de Instagram por se queredes coñecelo un pouquiño máis:
 
 
 
 
Un saudiño e ata a próxima viaxeir@s!