O pasado día 28 de outubro celebramos no cole a festa de Samaín ou Halloween e desde a Biblioteca quixémoslle dar un xiro positivo porque dos medos tamén aprendemos e podemos vencelos. Por iso despois de percorrer o noso túnel do medo acabamos na Biblioteca onde os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º leron aos máis pequenos de
Ed. Infantil, 1º e 2º uns estupendos contos: "Sacapenas", "Carabuñas" e "
Corre, corre Cabaciña". Que ben o fixeron! Ata gozamos dun contacontos á
luz de lanternas! Mirade, mirade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario