23.12.23

Luces, Cámara, Acción e Diversión!

Ola cineastas!

Pásome por aquí porque estou moi contenta e orgullosa dos fermosos vídeos que fixeron as nenas e os nenos de Espiñeira! 

Si, xa sei, antes de nada teño que contarvos en que consistía a proposta enmarcada no noso proxecto anual do Cine! Pois neste concurso había que rodar un pequeno vídeo (un Micro-cine) relacionado co nadal que tivera unha duración máxima dun minuto. O obxectivo deste era amosar calquera sentimento relacionado con estas datas.

Despois de reunirnos todo o Equipo de Biblioteca e debater, decidimos, coa dificultade que nos supuxo, que o vídeo gañador dun grande Óscar da escola era o de Mariña de 1º de Educación Primaria e o seu irmán Amaro de 3º de Educación Primaria. A nosa noraboa!

Ademais, tamén seleccionamos os mellores vídeos de cada curso que foron premiados cun pequeno Óscar. O resultado foi este:

    - 4º de Educación Infantil: Olivia

    - 5º de Educación Infantil: Unai 

    - 6º de Educación Infantil: Lara

    - 1º de Educación Primaria: Mariña

    - 2º de Educación Primaria: Aluhe

    - 3 º de Educación Primaria: Loaira

- 4º de Educación Primaria: Matilde

    - 5º de Educación Primaria: Vera

    - 6º de Educación Primaria: Carla


Porén, o alumnado que participou tamén foi agasallado cun trofeo de estrelas, porque toda a comunidade educativa de Espiñeira brila!

Deseguido podedes ver unhas fotiños coa entrega de premios:


 



                


Noraboa cativada, Noraboa familias! Noraboa Espiñeira!

Deséxovos moito felicidade no próximo ano!

Espiñeiriña.



20.12.23

GUÍAS DE LECTURA DOS EDLG DO MORRAZO

Bo día navegantes:

Como cada ano compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte.

Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...

Desprega as páxinas... e deixa voar as palabras...

INFANTIL


PRIMARIA


Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe as suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.


               Viaxa co galego a universos paralelos...

Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego...

Un saudiño e ata a próxima viaxeir@s!

29.11.23

SEMENTANDO E COIDANDO A IGUALDADE

 Bo día navegantes:

Este ano, como ben sendo habitual no noso centro,  a nosa actividade de sensibilización en torno o "Día Universal contra a violencia de Xénero" consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito ao bo trato.

Para iso dirixímonos a "Praza das Pontes" en Cangas facendo un "pasarrúas" acompañados de músicos entre os cales atopábanse familias, amig@s e profesorado do centro.

 
 

Alí, cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do Concello de Cangas, presentamos a nosa proposta musical... Nesta ocasión, entre todo o alumnado do centro inventouse a letra dunha canción baseada na melodía de "Se chove" de Treixadura, titulada PASODOBRE DA IGUALDADE.

Pincha na seguinte ligazón para escoitar a canción:

PASODOBRE A IGUALDADE

Tamén no centro elaboramos unha pancarta e un mural colectivo entre todo o alumnado co título de "Sementando e coidando a igualdade", para facer visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema, que lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión.

Un saúdo e ata a próxima...

22.11.23

TODAS E TODOS AO COLE EN PIXAMA

O pasado luns reivindicamos o Día Universal da Infancia dunha forma moi especial, pois quixemos colaborar coa Asociación Estatal de Acogimiento Familiar seguindo a súa marabillosa proposta de vir ó cole en pixama. O pixama é símbolo de intimidade familiar, un momento no que as crianzas se senten protexidas, arroupadas e seguras. Así, a través desta acción e das diferentes actividades realizadas, concienciamos sobre 💜 O DEREITO DE TODO NENO E NENA A CRECER EN FAMILIA 💜



💭 ONDE COMEZAN OS SOÑOS! é o título do mural que realizamos. Nel podedes contemplar ó noso alumnado, pensando no seu soño, acompañado do seu obxecto de apego.




📹 SESIÓN DE CURTAS relacionadas co acollemento familiar e o dereito a crecer en familia.


📙 LECTURAS que abordan a temática da diversidade familiar e os dereitos da rapazada. Algunhas destas obras literarias chegaron as aulas de infantil envoltas en papel de agasallo.



E ata aquí o noso día do pixama! 


Despídome ata a próxima aventura,

Espiñeiriña



15.11.23

SE NON TES MAÑA, NON COMES NINGUNHA CASTAÑA!

 Ola navegantes! Tédesme de novo por aquí!


SON DE COR CHOCOLATE, ÁBRENSE COA CALOR, E SE AS BOTAS AO LUME, ESTOUPAN DE SABOR.

REDONDIÑA E MORENIÑA, UN POUCO APLASTADA, PODES COMELA CRÚA, COCIDA OU ASADA.

OUTONO BONITO, FOLLIÑAS NO CHAN, CASTAÑAS ASADAS, QUE BOAS ESTÁN.

Retahílas coma estas resoan nas escolas, nas casas, nas rúas... é outono, é tempo de castañas...


O pasado venres celebramos, como cada ano, o Magosto na nosa escola! Para iso, as familias trouxeron leña, castañas e, por suposto, ofrecéronse voluntarias para axudarnos no asado deste delicioso froito seco!


Porén, agora vou detallarvos polo miúdo como foi o transcurso da xornada:

- Xuntanza do alumnado no Arco de Vella para confeccionar os diferentes grupos mixtos.

- Xogos populares no pavillón organizados pola Asociación Corredoiras. A continuación podedes ver como desfrutou a cativada...

  •  VIRAR CHAPAS

 
  • TROMPOS

  • DIÁBOLO

 

  • PEZAS XEOMÉTRICAS


  • AROS


 

  • ZANCOS

 


  • LABIRINTO DE CHAPAS

 



  • CORDA




 


  • RAIOLA
 



  • PELOUROS



  • PÉNDULO DE BOLA



  • PESCA BOTELLAS

 


  • LANZAMENTO DE ARIÑOS


- Xuntanza coas familias para degustar as castañas asadas: que pracer!

 


Isto é todo! 

Ata outra queridiñas e queridiños!

Espiñeiriña.