11.12.16
O APALPADOR
O próximo día 15 de decembro visitaranos na biblioteca un personaxe que volve cada Nadal.
Desde da biblioteca preparamos algo que vos axudará a coñecelo mellor e así recibilo con máis ganas.
Para ver o documento completo premede na seguinte ligazón :
https://issuu.com/ocantildaspalabras/docs/apalpador
4.12.16
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aquí teneis o vídeo da nosa participación en Cangas o día 25 de novembro e outro que se elaborou no centro con todos os bicos recolleitos, que foron moitos. Moitas grazas familias!!!
22.11.16
DÍA INTERNACIONAL PARA ELIMINACIÓN DÁ VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Un novo ano no cole estamos a preparar a nosa participación nos actos que o próximo 25 de novembro celebrarán no concello de Cangas, todos os centros da zona. Desde a biblioteca querémosvos facer unha serie de recomendacións para coñecer, sensibilizar e educar aos nosos nenos e nenas para a erradicación desta e outras formas de violencia.
E como sabedes que as historias ben escritas son a nosa debilidade....
A historia fai unha revisión da historia de Cincenta desde unha perspectiva máis actual, nela os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.
E si queredes lela en liña...Premede no enlace
"LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES"
A historia fai unha revisión da historia de Cincenta desde unha perspectiva máis actual, nela os príncipes non son tan encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.
E si queredes lela en liña...Premede no enlace
"LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES"
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un xogo para poñer aos nenos noutro
tipo de papeis.
E unha última recomendación "La mochila violeta", unha guía de lectura recompilada por Natalia Enguix e Cristina López da Asociación de Mulleres Politólogas de Granada repleto de boas recomendacións sobre literatura infantil e xuvenil coeducativa. LA MOCHILA VIOLETA
![]() |
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están aquí!!! Con agarimo foron seleccionadas polos vosos titores que son os que mellor saben o que de verdade vos gusta; esperamos que goceis moito en compañía das vosas familias das lecturas propostas, das pelis e a música. Os nosos eficientes axudantes de biblioteca xa as están repartindo polas aulas, estade atentos ás súas explicacións!!
2.11.16
UN SAMAÍN DE CONTOS
O pasado día 28 de outubro celebramos no cole a festa de Samaín ou Halloween e desde a Biblioteca quixémoslle dar un xiro positivo porque dos medos tamén aprendemos e podemos vencelos. Por iso despois de percorrer o noso túnel do medo acabamos na Biblioteca onde os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º leron aos máis pequenos de
Ed. Infantil, 1º e 2º uns estupendos contos: "Sacapenas", "Carabuñas" e "
Corre, corre Cabaciña". Que ben o fixeron! Ata gozamos dun contacontos á
luz de lanternas! Mirade, mirade!
24.10.16
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





