26.5.16

Hora de ler en Inglés!

Aquí están os nenos e nenas de catro e cinco anos no recuncho de lectura...o conto que lles está a contar Lorena, a nosa auxiliar de conversa estalles a gustar moitísimo!!


12.5.16

Programamos?

O code.org chegou ao noso cole! Os ordenadores da biblo son os máis solicitados durante as horas do recreo!!




10.5.16

Manualidades na biblio!

Os mércores na biblio durante a hora do recreo traballamos coas mans... Despois de buscar na sección 7.4 escollemos a manualidade que máis nos gusta e a facemos.
Estamos feitos uns mestres artesáns!


9.5.16

Investigamos na biblioteca!

O alumnado de terceiro está preparando un  traballo sobre Manuel María para a celebración das letras galegas... que mellor lugar para documentarse que a biblioteca?




22.4.16

Rótulo literarios!

Aquí están todos xuntiños os carteis que colocamos por todo o cole polo día do libro...
A ver si sabedes onde vai cada un...


O día do libro!

Durante esta semana o alumnado estivo rotulando ata o último recuncho do cole...
Frases célebres sobre os libros poboaron os corredores e despois, o que todos estabamos desexando... o apadriñamento lector... o foi unha mágoa que o bo tempo non nos acampañase...


11.4.16

Falamos con Ruth!


En linea directa con Irlanda mantivemos unha conversa moi emotiva con Ruth, a nosa querida auxiliar de conversa do curso pasado.
Canto a botamos de menos!