24.11.21

AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA

Bo día navegantes!

Recordaredes que na celebración do día das bibliotecas escolares presentamos o lema gañador do proxecto. Este foi seleccionado tras a realización dun concurso onde convidamos a todo o alumnado a participar, "AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA". Nesta ocasión, presentaremos o LOGO elixido, pero para descubrilo, as nenas e nenos dos diferentes cursos tiveron que realizar unha XINCANA con probas realizadas en 4 espazos do noso patio.

Previamente, enviamos unha carta ás aulas xunto a unha serie de pistas que lles levarían ó lugar onde se desenvolvería a actividade.

A continuación, compartimos xunto as pistas, alguhas imaxes das probas que realizaron por equipos nas seguintes localizacións:

1) CARBALLEIRA:

Con paus e landriñas,
terra e pedriñas,
poderás crear
un debuxo familiar.









2) MOREIRA

Onde os vermes de seda
 vexas pasear,
constrúe unha ponte
 nese lugar.








3) CHARCA

Canto lixo, croá-croá,
pobres sapos, pobres rás,
quita o lixo, croá-croá,
e bechos ledos verás.







4) MONTAÑA DE TERRA

Préto do pavillón
na montaña marrón,
crea unha canción
que mole mogollón.







E este foi o resultado da canción que compuxeron en tan só 20 minutos:


Parabéns rapazas e rapaces! 💜💛💚

Por último, rematamos a xincana descubrindo o LOGO do proxecto de patios...

"AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA".







Prontiño compartiremos novas aventuras 😊

Un saúdo.

Espiñeiriña.

22.11.21

SESIÓN DE CONTACONTOS

O pasado venres tivemos unha visita mooooi especial! Acudiu a nosa biblioteca o escritor Oli, o cal nos dedicou unha sesión de conta-contos súper entretida e con algunha que outra sorpresa.

Primeiramente, atopouse coas nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria, quenes puideron desfrutar da narración das seguintes obras:



E outras máis que Oli tivo que engadir tras escoitar os gritos de: "outro, outro, outro!"



Despois, foi o turno do alumnado de Educación Infantil, os cales gozaron das aventuras de Artur e dos famosos ratos xa coñecidos nas casas e nas escolas:



Como na anterior sesión, unha vez rematados os tres relatos, a rapazada comezou a dicir: "outro, outro, outro". E dous contiños máis foron narrados! 😀




Ademais, dedicou un tempiño para asinarnos algunhas das súas obras e que, por suposto, non poden faltar na nosa biblioteca! 😀 




Graciñas por permitirnos viaxar a través das historias e personaxes dos contos e por este boísimo "rato" que nos fixeches pasar!!!

Deica pronto Oli!

15.11.21

MAGOSTO NA ESPIÑEIRA

Bo díiiia navegantes! 😃

O venres celebramos o 🌰MAGOSTO🌰 aproveitándonos dos diferentes espazos que contén o noso patio 🍁🍂🍃, onde establecimos unha serie de propostas de xogos populares para tódalas idades. Ademais, non puideron faltar as castañas asadas e os seus particulares recipientes! Aquí vos deixo un vídeo fotográfico do ben que o pasamos:

Tamén houbo foliada a cargo da clase de 6º de Educación Infantil:

Como vedes, foi un día no que desfrutamos da música, dos xogos, da comida e da festa! 🎉🎉🎉🎉

Ata prooooonto!


Un saúdo.

Espiñeiriña.


3.11.21

SAMAÍN: LECTURAS TERRORÍFICAS E MOITA ARTE

A semana pasada celebramos o Samaín na Espiñeira e non puideron faltar as historias de medo! 👻

Dende a biblioteca quixemos achegar ás aulas lecturas acordes coa temática, polo que elaboramos uns paquetes mooooi especiais para cada grupo-clase.

















Algunhas obras que contiñan os paquetes e que vos recomendamos son:




Ademais, todo o alumnado colaborou na elaboración dun mural de Halloween-Samaín, tomando como referencia as obras da artista Yayoi Kusama.




Tamén, a comunidade educativa aportou o seu gran decorando cabazas e preparando unhas merendas tan ricas como arrepiantes.





E con esta entrada escalofriante, despídome ata a seguinte aventura.

Graciñas pola vosa colaboración!

Un saúdo navegantes.

Espiñeiriña.