24.4.12

Celebración do Día do Libro

Para conmemorar este día tan especial, o alumnado de E.I. e 1º ciclo foron apadriñados polos nenos e nenas de 2º e 3º ciclo. Na hora de ler, e polos recunchos do colexio, cada padriño e madriña contoulles a cadanseu afillad@, un conto, compartindo así a maxia da lectura.

19.4.12

FINA CASALDERREY

O vindeiro 28 de maio contaremos coa visita da escritora Fina Casalderrey. Todo o alumnado do cole xa está traballando con algún dos seus libros. Se queredes saber máis da súa vida e obra, podedes xogar co Edilim.

17.4.12

ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

ABRIL: mes dos escritores e ilustradores Hoxe tivemos na nosa biblioteca un encontro co autor e ilustrador do libros: "A chave da Atlántida" e "Os Megatoxos". Aquí tedes algunhas fotos:

10.4.12

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

Esta data coincide co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de libros tan coñecidos como “O parrulo feo”, “O traxe novo do emperador”, “O soldadiño de chumbo”, A sereíña”…

Máis información na web de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Aquí tedes un xogo co que nos agasalla o CEIP Mestres Goldar.


13.3.12

DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes as fotos da celebración do Día de Rosalía na nosa biblioteca. Os de 4º contáronnos a vida da escritora Rosalía de Castro cun Power Point do libro de Helena Janeiro.

24.2.12

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro.
O CEIP Frian -Teis agasállanoscunha pequena selección de vídeos e música:

12.12.11

10 de decembro Dia dos Dereitos Humanos

Os de 2º e 3º ciclo estivemos vendo na biblioteca a película "Buda explotó de vergüenza"

Se queres informarte máis sobre os Dereitos Humanos, o Ceip Andrade deixounos este enlace:
4http://issuu.com/andrade/docs/dereitos_humanos/4