10.4.12

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

Esta data coincide co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de libros tan coñecidos como “O parrulo feo”, “O traxe novo do emperador”, “O soldadiño de chumbo”, A sereíña”…

Máis información na web de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Aquí tedes un xogo co que nos agasalla o CEIP Mestres Goldar.


13.3.12

DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes as fotos da celebración do Día de Rosalía na nosa biblioteca. Os de 4º contáronnos a vida da escritora Rosalía de Castro cun Power Point do libro de Helena Janeiro.

24.2.12

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro.
O CEIP Frian -Teis agasállanoscunha pequena selección de vídeos e música:

12.12.11

10 de decembro Dia dos Dereitos Humanos

Os de 2º e 3º ciclo estivemos vendo na biblioteca a película "Buda explotó de vergüenza"

Se queres informarte máis sobre os Dereitos Humanos, o Ceip Andrade deixounos este enlace:
4http://issuu.com/andrade/docs/dereitos_humanos/4

16.11.11

Congreso de BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Este fin de semana tivo  lugar o Congreso de Bibliotecas escolares en tránsito, celebrouse en Santiago de Compostela.




Se o queres seguir, pica neste enlace: 

27.10.11

OUTUBRO MES DAS BILIOTECAS ESCOLARES

Dende a biblioteca escolar do CEIP Víctor Saénz comparten connosco unha selección de recursos para a formación de usuarios e para a educación documental.

Os nenos de Atención Educativa de 4º andan viaxando polo mundo e preséntannos este conto: