1.5.21

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso eliximos celebrar o DÍA DO LIBRO aproveitándonos da fermosa contorna que ten a nosa escola.

A actividade que levamos a cabo no centro levou por título: CITA A CEGAS CUN LIBRO. Trátase dunha proposta motivadora que ten o propósito de dar a coñecer aqueles libros, contos, cómics, poemarios..., que asemellan esquecidos na biblioteca e que tamén merecen unha oportunidade.

Primeiramente, as clases recibiron unha carta que a mascota do cole lles escribiu. Nela estaba a actividade explicada xunto cun xogo de pistas que os levaría á zona da contorna do cole, onde lles esperaban libros envoltos en papel reutilizable e reciclable, cunha mensaxe motivadora e cuns destinatarios.





- BUSCANDO:



- DESEMPAQUETANDO:




- CITA CO LIBRO: 



















Como as crianzas de E.I. aínda non son autónomas na lectura de textos, precisamos a colaboración de axudantes especiais que lles narraron os contos despois da realización e da resolución do xogo de pistas.













Ademais, quixemos contar coas familias para poder realizar unha videomontaxe do máis divertida onde as personaxes das obras literarias son interpretadas por caras moi coñecidas na Espiñeira.

Por último, queremos compartir algunhas das mensaxes motivadoras que contiñan os libros:

"Ler ábrenos a ventá ao mundo"

"Se queres aventura lánzate á lectura!"

"Ler é soñar cos ollos abertos"

Un saúdo e moitas grazas ós nenos e nenas da Espiñeira e ás familias pola colaboración!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario