O día 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz na Espiñeira. Durante toda a semana o alumnado do cole estivo inmerso na preparación de actividades que verían a luz este día.
Tomando como referencia o poemario "Nós outras", de Marica Campo e Menchu Lamas, os diferentes cursos de Educación Infantil e Primaria repartíronse as obras poéticas a partir das cales abordaron os valores da paz e, máis en profundidade, o da igualdade e diversidade. Cada grupo-clase preparou o recitado dun poema e crearon as ilustracións deixando fluír os seus sentimentos cara o mesmo.
Velaquí o resultado final que visionamos en todas as aulas este día:
Ademais, dende a especialidade de inglés, prepararon a escenificación dunha canción pola PAZ titulada "Teaching Peace"...
- Canción:
- Baile:
O alumnado implicouse na elaboración dun mural baseándose na obra do artista Romero Britto:
Por último, expuxemos unha selección de fondos bibliográficos que tratan o tema da paz e que foron empregados polo profesorado nas súas respectivas clases.
Un saúdo,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario