Hoxe, 17 de maio do 2020, celebramos o día das Letras Galegas nunhas circunstancias totalmente inesperadas. Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero e por iso queremos compartir novos recursos que nos permitan coñecer máis acerca deste traballador incansable, a pesar das circunstancias, profesor, escritor de destacadas obras en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro, ensaio...
Ilustración extraída da web www.amesa.gal
Un dos seus libros máis coñecidos e dirixido a un público infantil é "As pitas baixo a choiva". Un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. A continuación, compartimos actividades e xogos interactivos que esperamos sexan do voso agrado:
Accede ás actividades premendo AQUÍ
A través das seguintes ligazóns poderedes acceder ó relato de "As pitas baixo a choiva" e á música de "A banda das pitas":
- As pitas baixo a choiva: https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas
- A banda das pitas: https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva
Dende a páxina web de Aulas Galegas seguen a compartir moitos recursos xeniais dirixido tanto a nenos e nenas como ás familias: Aulas Galegas - Ricardo Carvalho Calero.
Nós fixemos unha selección de dúas actividades interactivas que nos pareceron ideais de cara a coñecer máis sobre a figura deste autor dunha forma entretida e lúdica. A primeira ligazón está máis dirixida a alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda a alumnado de Educación Primaria:
Ademais, queremos compartir con vós dous vídeos musicais, sen dúbida, excelentes para festexar este día!
Uxía e Tanxugueiras - A FALA
Para aqueles e aquelas que gocen da poesía, compartimos un videopoema moi bonito relacionado coa nosa lingua:
En relación coas Letras Galegas, dende a escola queremos facer a nosa particular adaptación da campaña #DígochoEu. Consideramos que é unha iniciativa xenial que está a promocionar CRTVG. Manterémosvos informados...
Por último, que mellor forma de despedirse que con humor! Por iso vos deixamos cunhas viñetas de DAVILA referidas ás Letras Galegas.
Deica pronto navegantes!
Volveremos para compartir máis novas con vós.
Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario