6.5.20

LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO

Achégase o día en que cada curso celebramos as Letras Galegas e, como ben sabedes, este ano dedícanse a Ricardo Carvalho Calero. Dadas as circunstancias actuais, é imposible celebrar este día todos e todas xuntas na escola e poder gozar do material impreso que tanto a Biblioteca como dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega poderíamos ofrecer.

Non obstante, sempre nos quedan os recursos dixitais, polo que a continuación compartiremos unha selección dos atopados na rede e que consideramos mellor para vós.

1.- REAL ACADEMIA GALEGA

Na páxina da Real Academia Galega (RAG) podemos atopar materiais de diversa índole relacionados todos coa nosa lingua. Tamén nos recordan por que cada 17 de maio, celebramos que temos unha lingua e unha literatura propia: porque a través dela, "rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro".


Se premedes AQUÍ  poderedes acceder nesa páxina a un documento descargable que vos explica de forma moi sinxela e ilustrada a historia da nosa lingua. Ademais, integra apartados de curiosidades e  actividades.

Na mesma páxina tamén tedes a posibilidade de acceder a todo tipo de material (descargable, interactivo, en rede...) que a RAG ofrece. 


 2.- SEMINARIOGALAN.ORG

Nesta páxina, SEMINARIO GALÁN, atoparedes todo tipo de información sobre Ricardo Carvalho Calero, así como actividades LIM adaptadas ás diferentes idades (de 3 a 12 anos).  Premede AQUÍ para acceder as actividades.
 


3.- PREGUNTOIRO MUSICAL

Compartimos este "preguntoiro musical", o cal nos pareceu do máis interesante e divertido para indagar e coñecer moitos aspectos da vida e obra do autor.



4.- AULAS GALEGAS
Na páxina das aulas galegas actualizan cada día actividades en galego destinadas a nenos e nenas de diferentes idades. Como xa dixemos na entrada titulada A BIBLIOTECA EN TEMPOS DE CORENTENA, hai moitas actividades de dinamización á lectura en galego, conta-contos, actividades a partir dun libro, propostas didácticas manipulativas... pero neste caso, queremos destacar os recursos que comparten sobre Ricardo Carvalho Calero. Recoméndannos a visualización deste vídeo realizado polo alumnado de 5º de Educación Primaria do Colexio San Pío X:


Deixamos o acceso directo á publicación, a cal inclúe un xogo destinado ó alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria: https://aulasgalegas.org/don-ridardo-o-xogo/

Por último, queremos amosarvos un Genially que nos compartiron e que integra información e actividades xeniais sobre o autor homenaxeado.

Preme para acceder en: GENIALLY RICARDO CARVALHO CALERO

Esperamos que vos guste!

Un cordial saúdo.

O Equipo de Bibliteca e o EDLG do CEIPP da Espiñeira-Aldán.





No hay comentarios:

Publicar un comentario