26.5.10

Encontro con Abraham Carreiro




O xoves día 20 recibimos a visita do ilustrador destes contos.

Este é o mural que fixeron os de 2º cos traballos destes libros.

18.5.10

Letras Galegas 2010



Dende o CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos, déixannos o enlace a esta wequest sobre Uxío Novoneyra:

Uxío Novoneyra

3.5.10

Campaña "PARA QUE LES?"

Así é como quedou a exposición de Para que les?



MAR GUERRA no noso cole




Outra das actividades deste abril, foi o encontro con esta autora.
Os de 2º e 3º ciclo estivemos encantados de coñecer a autora de "Xenaro e o misterio da mochila verde".

14.4.10

Abril mes do libro



Durante todo o mes de abril temos programadas unha morea de actividades relacionadas coa lectura: representacións, concertos musicais, encontros con autores e ilustradores... xa vos iremos informando

Rata linda no auditorio




Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2 º ciclos de Primaria, asistimos a unha representación do conto "Rata linda de Compostela" do noso benquerido autor "Bernardino Graña".
Celebrouse no auditorio de Cangas e foi organizado pola editorial Xerais, dentro das actividades de animación á lectura programadas para este curso.
Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclos estamos elaborando as ilustracións.

8.3.10

8 de marzo Día Internacional da Muller


Nesta páxina da Biblioteca do CEIP de Cespón podedes atopar información sobre 6 mulleres galegas ilustres de séculos anteriores e 5 galegas contemporáneas.
http://bibliotecacespon.blogspot.com/