O noso centro encheuse de primavera coa celebración dos Maios, unha das tradicións máis fermosas da nosa contorna. Este ano tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación veciñal de O Piñeiro que nos cedeu tres estruturas para que o alumnado puidese darlle vida.
As nenas e os nenos de infantil e primaria traballaron con moita ilusión para coser, decorar e transformar estas estruturas en auténticas obras de arte. Utilizaron materiais propios da nosa tradición: xestas, pampillos, cáscaras de ovos e flores variadas aportadas polas nosas familias.
Os maios luciron así de espectaculares!
Ademais, acompañounos a música e a clásica canción de O Maio de Aldán.
"Eiqui vén o Maio vestido de xestas, pra lle dar as grazas a señora Teresa.Eiqui vén o Maio vestido de flores, pra llegar as grazas a señora Dolores.Eiqui vén o Maio por riba dos tellados, eiqui vén o Maio de roubar os espantallos.Eiqui vén o Maio por riba das testas, eiqui vén o Maio vestidos de xestas.Eiqui vén o Maio pola Costa da Vela, eiqui vén o Maio camiño de Compostela.Eiqui vén o Maio pola pescadería, eiqui vén o Maio camiño da Romaría.Eiqui vén o Maio polos muros da eira, eiqui vén o Maio do colexio da Espiñeira."
Grazas á Asociación de veciños de O Piñeiro pola súa xenerosidade e grazas ás familias por acompañarnos sempre 💚
Un saudiño primaveral,
Espiñeiriña.


.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario