Bo día navegantes:
Este ano, como ben sendo habitual no noso centro, a nosa actividade de sensibilización en torno o "Día Universal contra a Violencia de Xénero" consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito ao bo trato.
Deste xeito, xa que o día non acompañou, dirixímonos o Auditorio de Cangas para amosar a nosa proposta musical deste ano. Alí, cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do Concello de Cangas, presentamos a nosa BATUCADA... Nesta ocasión, entre todo o alumnado do centro inventouse a letra dunha canción baseada na melodía de "El patio de mi casa" de La Mare, titulada "CONTOS EN CANTOS DE SEMPRE". Para iso, ao estilo La Mare, adaptamos catro contos clásicos e puxémoslle a melodía das típicas cancións infantís de sempre:
1. Don Federico
2. Ao pasar a barca
3. Así bailaba - Cincenta
4. Son capitán dun barco inglés - A bela e a besta
5. O cocheriño leré - A bela durminte
6. Cinco lobiños
7. O patio da miña casa - Brancaneves e os sete ananiños
Tamén no centro elaboramos un mural colectivo entre todo o alumnado co título de "Contos en cantos de sempre", para facer visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema, que lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión.
Deste xeito cada aula personalizou o súa dobra de batucada, co título da canción e conto que lle tocou traballar e elexiu 4 palabras ou frases que lle gustaría destacar para este día...
Este foi o resultado final de todo o colexio:
Un saúdiño e ata a próxima viaxeir@s...
No hay comentarios:
Publicar un comentario