3.10.24

XORNADA DE MOBILIZACIÓN POLO CLIMA

O pasado 26 de setembro celebramos unha Xornada de Mobilización polo Clima, para así coñecer a importancia de protexer o Medio Ambiente e actuar de maneira responsable contra o cambio climático.

Os nenos e nenas de Espiñeira sabemos que nós podemos marcar a diferencia, por iso queremos compartir todas as actividades que fixemos.

Limos unha carta/ manifesto sobre os efectos do cambio climático e o conto "Unha mensaxe nunha botella", co cal aprendimos que reciclar é esencial para combatir o cambio climático.

 

Tamén nos convertemos en expertos da reciclaxe facendo un xogo de relevos, no que tiñamos que depositar os envases de lixo no seu lugar correspondente.









                Con todos os envases convertémonos en artistas e creamos a nosas propias "obras de arte". Dándolle un segundo uso a todo ese lixo que habíamos reciclado.





Ademáis tamén debatemos sobre diversas curiosidades relacionadas cos temas ambientáis, cambio climático, reciclaxe, microplásticos, etc. Con tarxetas informativas de "Sabías que..."

Como por exemplo...
  • Sabías que... as tartarugas mariñas confunden as bolsas de plástico coas medusas e, ao comelas, poden enfermar?
  • Sabías que... si reciclamos 1 soa botella de vidro, aforramos suficiente enerxía para que unha bombilla de 100 vatios funcione durante 4 horas?
Por último fixemos unha actividade de peche e todo o cole nos reunimos no patio para cantar a nosa "canción polo clima".

E ademáis fixemos entre todos o símbolo contra o cambio climático:



O círculo representa a Terra e os dous triángulos representan un reloxo de area. Servindo coma advertencia de que o tempo se está acabando para algunhas especies. E nós podemos axudalas reciclando, reutilizando e coidando o planeta.

¿Axúdasnos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario