14.10.22

23S MOBILIZACIÓN POLO CLIMA

Este 23 de setembro, coincidindo coa "Xornada de acción global polo clima", convocamos a toda a Comunidade Educativa para unha nova mobilización.

 
Todo o centro manifestamos o noso apoio, como en outras ocasións, levando a cabo actividades como:

- Fixemos carteis e pancartas lembrando a importancia do coidado do planeta.

- Lemos o manifesto sobre o clima, coa finalidade de invitar ao alumnado e familias  a reflexión sobre a situación actual da nosa Terra.


- Cantamos unha canción en galego onde a letra chamábanos a actuar XA!!... utilizando a música da coñecida "Bella Ciao".

ISTO ACABA DE COMEZAR.

ATA A PRÓXIMA...

O CANTIL DAS PALABRAS

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario