Acompañados polo bo tempo, esta semana organizamos unha saída á biblioteca de Aldán. A persoa encargada da mesma foi moi amable con todos nós e acolleunos durante varias xornadas lectivas.
A bibliotecaria organizou distintas actividades para o alumnado de diferentes idades e entregoulles un carné da biblioteca pública a todos os rapaces e rapazas que aínda non o tiñan.
O alumnado de infantil puido gozar dun contacontos súper divertido, onde un grupo de cinco nenos e nenas voluntarias, exerceron de protagonistas da historia. O libro narrado foi o de A tartaruga que quería durmir. Tamén desfrutaron dun momento de lectura libre e fixeron debuxos sobre o conto.
Para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria tamén houbo un contacontos e realizaron o empréstito de libros.
O alumnado de 3º e 4º de primaria entretivéronse cun xogo de pistas moi literario que a bibliotecaria lles propuso e tamén tiveron tempo para empregar os recursos que a biblioteca nos ofrece.
Ademais, de camiño á biblioteca os nenos e nenas de infantil atopáronse con estes animaliños..., que ilusión lles fixo!
Moitísimas grazas á bibliotecaria de Aldán por acollernos e tratarnos tan ben!
Deica pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario