11.10.13

BENVIDOS!!!

OLA:

Un curso máis estamos aquí... no noso querido CEIP Espiñeira. Antes de nada dar a benvida aos novos amigos de Espiñeiriña: Iago, Luis, Nicolás, Nuno, Pablo, Lúa, Mauro, Carlos e Breixo.
Como sabedes eu, Espiñeiriña, son a vosa mascota e atoparédesme na biblioteca, espero que veñades a visitarme moito durante este curso.
Na biblioteca, ademais de ir co teu profe unha vez á semana.... Sabías....


  • Que haxa frío, haxa calor, chova ou vente... a Biblio abre as súas portas os mércores e os venres no recreo?
  • Que todas as tardes, agás os martes, eu, Espiñeiriña espérovos con impaciencia de 16:30 a 17:30?
  • Que a Biblio é un lugar máxico no que poderás ler, investigar, estudar...?
  • Que ademais dunha morea de libros, temos ordenadores con internet para investigar e resolver as túas dúbidas?
  • Que os teus pais, nais, avós, avoas, tíos, curmáns... tamén poden vir visitarme?


NON SABER... XA NON É ESCUSA, 
ESPÉROTE NA BIBLIO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario