26.11.24

"CONTOS EN CANTOS DE SEMPRE" - 25N

Bo día navegantes:

Este ano, como ben sendo habitual no noso centro, a nosa actividade de sensibilización en torno o "Día Universal contra a Violencia de Xénero" consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito ao bo trato.

Deste xeito, xa que o día non acompañou,  dirixímonos o Auditorio de Cangas para amosar a nosa proposta musical deste ano.  Alí, cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do Concello de Cangas, presentamos a nosa BATUCADA... Nesta ocasión, entre todo o alumnado do centro inventouse a letra dunha canción baseada na melodía de "El patio de mi casa" de La Mare, titulada "CONTOS EN CANTOS DE SEMPRE". Para iso, ao estilo La Mare, adaptamos catro contos clásicos e puxémoslle a melodía das típicas cancións infantís de sempre:

1. Don Federico

2. Ao pasar a barca

3. Así bailaba - Cincenta 

4. Son capitán dun barco inglés - A bela e a besta

5. O cocheriño leré - A bela durminte

6. Cinco lobiños

7. O patio da miña casa - Brancaneves e os sete ananiños

Tamén no centro elaboramos un mural colectivo entre todo o alumnado co título de "Contos en cantos de sempre", para facer visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema, que lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión. 

Deste xeito cada aula personalizou o súa dobra de batucada, co título da canción e conto que lle tocou traballar e elexiu 4 palabras ou frases que lle gustaría destacar para este día... 




Este foi o resultado final de todo o colexio:

Un saúdiño e ata a próxima viaxeir@s...

 

 

 

 


22.11.24

PIXAMADA EN ESPIÑEIRA

O pasado 20 de novembro convertemos o cole nunha festa de pixamas: acto reivindicativo para que todo neno e nena poida gozar do DEREITO A MEDRAR EN FAMILIA, algo fundamental e que se recolle dentro dos dereitos da nena e do neno.




Deste xeito, quixemos colaborar coa Asociación Estatal de Acogimiento Familiar seguindo a súa marabillosa proposta de vir ó cole en pixama. O pixama constitúe un símbolo de intimidade familiar, un momento no que as persoas se senten protexidas, arroupadas e seguras.


Ademais de levar esta proposta ás aulas, as axudantes de biblioteca realizaron unha selección de contos sobre o Día Internacional de Infancia e sobre a diversidade familiar:


Saudiños e deica pronto,
Espiñeiriña

11.11.24

O MAGOSTO: A GRAN FESTA DA CASTAÑA

Bos días navegantes!

Este luns, coincidindo co San Martiño, celebramos a tradicional festa do magosto con moitos xogos, castañas, música e troula! Desta maneira, o refraneiro galego déixao claro: "Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto".


Para a posta en marcha dos xogos contamos coa participación e colaboración da Asociación Corredoiras e das familias voluntarias. Eles e elas explicáronlle a toda a rapazada os múltiples xogos populares que había polo pavillón e polo patio da escola.

Ademais dos xogos, o alumnado, cos seus particulares cucucuruchos, puido gozar das castañas asadas e bailar e festexar ó ritmo da música tradicional galega:


Viva o magosto, viva o folclore galego e viva a nosa comunidade educativa!

Mándovos unha agarimosa aperta e despídome ata outra,
Espiñeiriña